A Organización de Nacións e Pobos Non Representados (coñecida en ; UNPO) é unha organización internacional estabelecida para dar visibilidade a pobos e nacións non representados ou marxinalizados do mundo. Foi creada o 11 de febreiro de 1991 na Haia (Países Baixos). Os seus membros son pobos indíxenas, estados non recoñecidos, minorías étnicas, territorios ocupados e demais grupos sen representación internacional.
A Organización de Nacións e Pobos Non Representados traballa para desenvolver a comprensión e o respecto polo dereito de autodeterminación, achegando asesoramento e apoio relacionados con cuestións de recoñecemento internacional e autonomía política, capacitando a grupos sobre como defender as súas causas de maneira efectiva e avogando directamente por unha resposta internacional ás violacións dos dereitos humanos contra membros do grupo. Algúns antigos membros, como Armenia, Timor Leste, Estonia, Letonia, Xeorxia e Palau, conseguiron a independencia e son membros das Nacións Unidas.Barbara Crossette, Those Knocking, Unheeded, at UN's Doors Find Champion, New York Times, 18 de decembro de 1994.Tishkov, Valerie, An Anthropology of NGOs , Eurozine, xullo de 2008
Principios A Carta da UNPO estabelece os cinco principios centrais da organización:
Non-violencia: os membros da UNPO deben resolver os seus conflitos de modo pacífico, rexeitando calquera uso do terrorismo. Autodeterminación: os integrantes concordan que os pobos teñen igual dereito ao autogoberno. Democracia: as entidades presentes na UNPO deben necesariamente ser democráticas e tolerantes. Ecoloxismo: o respecto ao medio ambiente é unha política obrigatoria. Dereitos humanos: as nacións da UNPO aceptan seguir os tratados e declaracións que protexen os dereitos do ser humano.
Tódolos membros deben asinar e acatar o Pacto da UNPO. Os membros do UNpo deben ser non-violentos.
Membros A continuación amósanse os membros actuais da UNPO.
Os membros orixinais aparecen salientados cun fondo rosa e en letra grosa.
Membro Data de unión Representado por Abkhazia 6 de agosto de 1991 Ministerio de Asuntos Exteriores de Abkhazia 20px Aceh 11 de febreiro de 1991 Fronte de Liberación Nacional de Aceh-Sumatra 20px Azerbaidján iraniano 2 de febreiro de 2007 Partido Democrático de Azerbaidján do Sur 20px Pobo afrikaans 15 de maio de 2015 Fronte da Liberdade Plus 20px Ahwazi 14 de novembro de 2003 Partido de Solidariedade Democrática de Ahwaz 20px Pobo asirio 6 de agosto de 1991 Alianza Asiria Universal 20px Baluchistán 1 de marzo de 2008 Partido Nacional de Baluchistán 20px Baluchistán Occidental 26 de xuño de 2015 Partido Nacional de Baluchistán 20px Barotseland 23 de novembro de 2013 Alianza da Liberdade Nacional Barotse Pobo bellah 6 de xuño de 2017 Asociación Maliana pola Preservación da Cultura Bellah Biafra 31 de xullo de 2020 Movemento para a Actualización do Estado Soberano de Biafra Bretaña 8 de xuño de 2015 Kelc’h An Dael 20px Cabilia 6 de xuño de 2017 MAK-Anavad Cataluña 14 de decembro de 2018 Assemblea Nacional Catalana 20px Outeiros de Chittagong 6 de agosto de 1991 Parbatya Chattagram Jana Samhati Samiti 20px Distrito de Columbia (Washington, DC) 4 de decembro de 2015 Delegación do Congreso do Movemento polo estado de D.C. 20px Pobo tártaro de Crimea 22 de febreiro de 1991 Milli Mejlis 20px Gilgit-Baltistán 20 de setembro de 2008 Alianza Democrática de Gilgit-Baltistán Guam 31 de xullo de 2020 Goberno de Guam Pobo haratin 18 de setembro de 2011 Initiative de Résurgence du Mouvement Abolitionniste en Mauritanie 20px Pobo hmong 2 de febreiro de 2007 Congreso Mundial do Pobo Hmong 20px Kurdistán iraniano 2 de febreiro de 2007 Partido Democrático do Kurdistán Iraniano e Partido Komala do Kurdistán Iraniano 20px Khmer Krom 15 de xullo de 2001 Federación dos Khmers Kampuchea-Krom Pobo lezguio 7 de xullo de 2012 Autonomía Nacional e Cultural Federal Lezguia 20px Madhesh 14 de outubro de 2017 Alianza polo Madhesh Independente 20px Molucas do Sur 6 de agosto de 1991 República das Molucas do Sur 20px Mongolia Interior 2 de febreiro de 2007 Centro de Información dos Dereitos Humanos de Mongolia Interior 20px Nagaland 23 de xaneiro de 1993 Consello Nacional Socialista de Nagaland 20px Ogaden 6 de febreiro de 2010 Fronte de Liberación Nacional de Ogaden 20px Pobo ogoni 19 de xaneiro de 1993 Movemento pola Supervivencia do Pobo Ogoni 20px Pobo oromo 19 de decembro de 2004 Fronte de Liberación Oromo 20px Rehoboth Basters 2 de febreiro de 2007 Consello de Capitáns River Races de Zambesia 31 de xullo de 2020 Movemento para a Supervivencia dos River Races de Zambesia 20px Savoia 15 de xullo de 2014 Goberno Provisional do Estado de Savoia 20px Sindhudesh 19 de xaneiro de 2002 Instituro Mundial Sindhi Somalilandia 19 de febreiro de 2004 Goberno de Somaliland 20px Sulu 5 de xaneiro de 2015 Fundación Sulu de Nove Tribos Étnicas Taiwán 11 de febreiro de 1991 Fundación Taiwán pola Democracia 20px Tíbet 11 de febreiro de 1991 Administració Central Tibetana 20px Togolandia Occidental 2017 Fundación do Grupo de Estudo da Patria 20px Turquestán Oriental 11 de febreiro de 1991 Congreso Mundial Uigur Pobo ioruba 31 de xullo de 2020 Ilana Omo Oodua
Liderado Secretarios xerais Nome Termo Michael van Walt van Praag (Países Baixos) 1991–1998 25px Tsering Jampa (Tíbet) 1997–1998 Helen S. Corbett (Aborixes australianos) 1998–1999 25px Erkin Alptekin (Uigures) 1999–2003 Marino Busdachin (Italia) 2003–2018 Ralph J. Bunche III (Estados Unidos) 2018–presente
Director executivo Karl Habsburg-Lothringen – (Austria) 19 de xaneiro de 2002 – 31 de decembro de 2002
Presidentes da Asemblea Xeral Linnart Mäll – (Estonia) 1991–1993 Erkin Alptekin – (Uigures) 1993–1997 Seif Sharif Hamad – (Zanzíbar) 1997–2001 John J. Nimrod – (Asirios) 2001–2005 Göran Hansson – (Scania) 2005–2006 Ledum Mitee – (Ogoni) 2006–2010 Ngawang Choephel Drakmargyapon – 2010–2017 Nasser Boladai (dende 2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial da UNPO
Categoría:Relacións internacionais Categoría:Dereito internacional Categoría:Organizacións internacionais