A igrexa de Santo André das Nogais é unha construción relixiosa situada na parroquia de Santo André, no concello das Nogais. De orixe románica, está declarada Ben de Interese Cultural dende 1995. Está dedicada ao apóstolo André.

Descrición O templo conserva unha porta de orixe prerrománica no muro sur. Na ábsida hai varios canzorros románicos, dos cales dous deles representan a fame e a sede. No interior do edificio hai pinturas murais do século XIX. No exterior hai un reloxo de sol en lousa.

Galería de imaxes

Notas

Categoría:As Nogais Categoría:Igrexas da provincia de Lugo Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo Categoría:Igrexas románicas de Galicia