A lingua ainu das Kuriles é un lingua extinta mal testemuñada que pertence á familia ainu, que se falou outrora nas Illas Kuriles. As principais illas habitadas foron Kunashir, Iturup e Urup no sur, e Shumshu no norte. Outras illas tiñan poboacións pequenas (como Paramushir) ou eran visitadas para pescar ou cazar. Puido haber unha pequena poboación mixta kuril-itelmen no extremo sur da península de Kamchatka.
Os ainus das Kuriles parecen ser unha expansión relativamente recente de Hokkaidō, desprazando unha cultura indíxena okhotsk, que pode estar relacionada cos itelmens modernos. Cando as Illas Kuriles pasaron ao control xaponés en 1875, moitos dos ainus das Kuriles do norte evacuaron ao distrito de Ust-Bolsheretsky en Kamchatka, onde aínda viven ao redor de 100. Nas décadas posteriores ao control soviético en 1945, a maioría dos restantes ainus das Kuriles evacuaron a Hokkaidō, onde dende entón foron asimilados.
Notas
Categoría:Linguas ainus Categoría:Linguas mortas de Asia