Sober é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Terra de Lemos e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.301 persoas. O xentilicio é . Toponimia
O topónimo Sober é un antropotopónimo derivado do nome Superus ou Superius, a través da forma en xenitivo (villa) Superii. Aparece documentado como Superi en documentación de 1075 e 1099 do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.
Xeografía
O concello de Sober ten unha superficie de 134 km² e atópase na Terra de Lemos, no sur da provincia de Lugo, entre os cursos dos ríos Cabe e Sil, que fan de fronteira física polo oeste e sur, respectivamente. Limita cos concellos de Monforte de Lemos ao norte e leste, Pantón ao oeste e Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira e O Castro de Caldelas ao sur.
A capital municipal dista 77 km da capital de provincia, Lugo, e atópase a uns 600 m de altitude.
Demografía
Censo total 2.301 (2018) Menores de 15 anos 155 (6,74 %) Entre 15 e 64 anos 1.125 (48,89 %) Maiores de 65 anos 1.021 (44,37 %)
Economía O sector primario está centrado na gandería bovina criada para consumo, a cría porcina e en menor medida, ovina.
A agricultura representa o 37% da superficie, orientada ao cultivo de cereais, patacas e primordialmente, a vide. O 58% da superficie é de masa forestal, piñeiros e carballos e mata.
A industria ocupa ao 15% da poboación, concentrándose en entidades de pequeno tamaño ou familiar orientadas principalmente á elaboración de viño. Destaca a produción de material de construción en Canabal e a olería artesá de Gundivós. Outros centros están dedicados á manufactura téxtil (calcetíns) e á fabricación de ferramentas e equipos de labor (cerraxería e máquinas de sulfatado).
O sector servizos aglutínase en torno aos servizos municipais e administrativos e aos establecementos comerciais. Cada quince días ten lugar a feira, coa mesma frecuencia có mercado de produtos.
Viño de Amandi Sober atópase na rexión vinícola da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, albergando a produción da subzona de viños de Amandi e a da ribeira do río Cabe.
Existen arredor de 300 produtores e 29 adegas inscritas no consello regulador. Un centro de embotellado industrial permite a comercialización da marca de viño de Rectoral Amandi.
Cada domingo de Ramos, celébrase en Sober a Feira do viño de Amandi.
Historia miniatura|350px|dereita|Mapa das parroquias de Sober. Consérvanse mámoas do megalítico en distintos lugares, así como restos da cultura castrexa.
Durante o período do Imperio Romano a Vía Nova, que enlazaba Astorga con Braga, atravesaba a zona.
Da constitución do reino dos suevos permanecen os topónimos de varias parroquias.
No 785 o bispo Odoario de Lugo fundou a vila de Amandi.
Patrimonio histórico e artístico A Casa grande de Rosende é un pazo datado en 1511, situado na parroquia de Rosende. Tamén era coñecido na comarca como A Casa das Señoritas. Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural non sendo posible a súa visita. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.
Política Elecciones municipales Partido 1999 2003 2007 2011 2015 2019 PPdeG 7 8 8 7 7 8 IG-Vivo 2 PSOE-PSdeG 3 2 1 2 2 1 PDDdG 2 BNG 1 2 2 Agroma 1 Total 11 11 11 11 11 11
Deporte No concello hai dous equipos de fútbol, o CD Sober, que xoga os seus partidos en Centeás, e o CD Río Sil, que xoga no campo da Carqueixa. Os dous xogaban na tempada 2018/19 na Terceira Autonómica de Galicia.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Sober Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Sober vexa: Lugares de Sober. A capital municipal está na vila de Sober, na parroquia de Arroxo. A localidade da Barca (Anllo) antigamente pertencía á parroquia de Frontón.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Sober
Categoría:Sober