O Professional Numismatists Guild (PNG; en galego "Gremio de Numismáticos Profesionais") é unha entidade asociativa e sen ánimo de lucro de carácter numismático fundada en 1955 e constituída por expertos do comercio numismático de todo o mundo, co obxectivo de colaborar a que o coleccionismo e o investimento en moedas e billetes resulte seguro e suxeito a estándares éticos."The Professional Numismatists Guild". Numismatic Guaranty Company (ngccoin.com)."About US". Professional Numismatists Guild (pngdealers.org).
Desde 2004, a Numismatic Guaranty Company é o servizo oficial de clasificación do Gremio de Numismáticos Profesionais.
Premios outorgados Con periodicidade anual, o PNG outorga premios tanto aos seus membros como a persoas alleas á organización que demostrasen contribucións excepcionais á comunidade numismática en xeral:"Official Awards Given by the PNG". Professional Numismatists Guild (pngdealers.org).
Premio Abe Kospff Founders: ao membro destacado durante o ano anterior. Premio Sol Kaplan: á traxectoria na loita contra a fraude. Premio Robert Friedberg: ao autor dunha obra numismática. Premio Harvey G. Stack: á traxectoria de contribucións á numismática. Premio ao servizo distinguido: aos servizos prestados ao PNG ao longo do tempo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web do Professional Numismatists Guild Canle en Youtube do Professional Numismatists Guild
Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro Categoría:Asociacións empresariais