María Dolores Doporto Nogueira, máis coñecida como Lola Doporto, nada en Millarouso (O Barco de Valdeorras) o 1 de marzo de 1971, é unha pintora e deseñadora de roupa galega.

Traxectoria

Comezou na pintura cara a 2016 expoñendo a través do proxecto «Mirarte», que promoveu Miranda Moda no Barco de Valdeorras e cos ánimos de Antón Pulido.

A súa obra caracterízase por unha ampla variedade de temas e estilos. As súas pinturas, sempre cheas de emoción e poder, reflicten o seu interese pola espiritualidade e a feminidade. O uso de elementos como manequíns, paisaxes e figuras femininas é común na súa obra. Considérase autodidacta, que vai probando e descubrindo con pincel e espátula, tratando de mostrar a vida e divertíndose, cun estilo entre realismo e expresionismo.

A súa obra ten sido eloxiada por Xosé Luís Méndez Ferrín,"Acabo de permitir a entrada no meu peito o mundo diverso e conmovente de Lola Doporto. Espero que estas formas plásticas, co seu relato miterioso interno, vaia inclusive no interior dos meus soños". Vigo, 2020. Catálogo Pintura Lola Doporto. Bieito Ledo"Nese territorio interior é onde aniña a imaxinación, fonte creadora da súa orixinal pintura que non deixa indiferente a quen a contempla". (Ourense, 2021. Periódico O Sil) ou Tareixa Taboada"La pintura de Lola Doporto como la que emocionó a Magritte, corresponde al triunfo de una nueva sensibilidad frente a la estereotipada pintura tradicional. Las obras de Lola Doporto nos preparan para una nueva poesía". (Ourense, 2021. La Voz de Galicia). e Miguel Ángel Martínez Coello.

Ten colaborado ilustrando a revista ourensá Nós, a Xente do Redor.

Exposicións

Casa Amanitas (A Pobra do Caramiñal, setembro de 2016). «Marionetas», na Galería Sargadelos (Ourense, outubro de 2015) e Espazo Roberto Verino (Ourense, 2021). Sala Mirarte (O Barco de Valdeorras, 2016 e 2020). «Saudade de Soños», no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense, novembro de 2021). «Alén dos Soños», na Sede Afundación (Vigo, marzo de 2022). «Morriña de estrelas», na Casa de Galicia (Madrid, 2022). «Lola Doporto á beira do Sil», no Barco de Valdeorras (2022). En 2023 realizou en panos de seda unha serie de pinturas en beneficio da AECC Valdeorras e en lembranza de que ela tamén padeceu a enfermidade. «Onde o mundo se chama…Lola Doporto», Mosteiro de San Rosendo (Celanova, 2023). «Morriña de estrelas», no Palecete das Mendoza (Pontevedra, 2023), unha particular homenaxe plástica ao Mestre Mateu. Repetida en Ourense en 2024, Liceo. «Camiño», en San Martiño Pinario (Santiago, 2025), a súa visión artística do Pórtico da Gloria. «Marzo todo o ano», Sala José Ángel Valente (Ourense, 2025), con dúas obras. «Exposición Filatélica y Numismática Letras Galegas» (Ourense, 2025). Sociedad Filatélica Miño

Recoñecementos

En 2022 foi pregoeira e autora do cartel das festas do Cristo no Barco de Valdeorras, sendo a primeira muller en dar o pregón. En 2024 Correos presentou un selo ilustrado coa súa obra «O gaiteiro de Penalta» e unha tarxeta prefranqueada co seu cadro «O afiador».

Notas

Categoría:Nados en 1971 Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Pintores de Galicia