A lavanda é unha cor pálida derivada da flor da lavanda, de aí o seu nome. O termo "lavanda" tamén se pode usar de forma máis xeral para describir unha ampla gama de púrpuras pálidos, intensos, medios ou agrisados; algúns rosas pálidos ou intensos, maxentas ou mesmo unha mestura de púrpura e branco. A lavanda é unha cor que se usa a miúdo para a decoración de interiores. O seu código hexadecimal é #E6E6FA.
Notas
Categoría:Cores