Xosé Francisco Godón Davila, coñecido como Fran Godón, nado na Pobra do Caramiñal o 26 de setembro de 1978, é un profesor e dramaturgo galego.

Traxectoria

É licenciado en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela; Graduado Especialista en Arte Dramática na mesma universidade e Máster en Investigación Teatral no Contexto Europeo pola UNED. Realizou varios cursos de formación teatral.

Profesor de lingua e literatura galega no ensino medio, exerceu, entre outros, no IES Sánchez Cantón e no IES Plurilingüe de Valga.

Participou na creación da Asociación Cultural Teatro no Aramio. (2005), na compañía Os containers (2007), na iniciativa Ut producións (2010), no proxecto Dáme a man (2007), Ut·Tópico Teatro (2011), Nó Teatro (2013), FESTEAR (Festival de Teatro e Artes) (2014-2016), Escola de Teatro da Pobra do Caramiñal (2012-2016), Teatro da Raspa (2019) e coordinou o Taller de Investigación Teatral e Formación Dramática (Teatro no Aramio).

É colaborador da Revista Galega de Teatro.

Ademais de actor, director e autor de teatro tamén ten participado na escenografía e iluminación de varias obras. Ten impartido palestras e obradoiros en centros de ensino.

Director de teatro               

2006: Asistencia na dirección de E os cans calaban. 2009: Memoria de Ut. Teatro no Aramio. 2010: Baile de sombras. Ut·Tópico Teatro/Teatro no Aramio. Foi representada en Berlín. 2011: Divertimento. Teatro no Aramio. 2012: Retrato con muller ó fondo. ETP (t. f.). 2012: Un problema gordo (microteatro, escrito e interpretado por Antía Lorenzo). 2012: Faust·Box. UT·Tópico Teatro. 2013: Cinza. Nó Teatro (t. f.). 2014: Que che pasa, Lear? Nó Teatro (t. f.). 2014: Diante do espello. UT·Tópico Teatro. 2014: Finlandia. ETP (t. f.). 2015: Sorrisos. ETP (t. f.). 2015: Crono. Nó Teatro 2015: Virtual. ETP (t. f.). 2015: Ulrike no deserto. Teatro no Aramio. 2016: Cos ollos no ceo. Nó Teatro. 2018: Skizo. Nó Teatro (t. f.). 2018: Lixo. Escola de Teatro do IES da Pobra (t. f.). 2019: 254.Bisesto. Nó Teatro (t. f.). 2019: Síncope. Teatro da Raspa (t. f.). 2022: A memoria dos peixes. Nó Teatro. 2024: Naufraxio. Nó Teatro. (teatro formativo). 2026: Cine Olimpo. CEIP Rosalía de Castro (teatro formativo).

Actor de teatro

2003-04: Hamlet de William Shakespeare. Aula de Teatro da Universidade de Santiago de C. Dirección: Roberto Salgueiro. 2005: O Asasino Sorrinte de Jean Marie Piemme. Teatro no Aramio. Dirección: Vanesa  Sotelo. 2006: As mulleres sabias de Molière. NNC Teatro.  Dirección: NNC. 2006: O método Grönholm (sobre o guión da película El Método). EIS Teatro. Dirección: Fani Pena. 2006-08: Irmandiños: A revolta (xogo de rol en vivo). Xunta de Galicia - Dirección Xeral de Xuventude. 2007-09: Os sen tren de AlbAdA-cAdAbrA. Containers. Dirección: Alda Lozano. 2011: Divertimento. Teatro no Aramio. Autor, director, protagonista. 2012: Faust·Box. UT·Tópico Teatro. Autor, director e protagonista. 2013: Cinza de Fran Godón. Nó Teatro. Autor, director e protagonista. 2014: Antiheroica de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón. UT·Tópico Teatro. Dirección: Vanesa Sotelo. 2016: Alacrán. Teatro no Aramio. Autor, director e actor.

Audiovisual

2006: Curtametraxe Coralie. E.I.S. Coruña. 2007: Curtametraxe Oficina. Interior. Día. OID Producións. 2007: Curtametraxe La ocasión perdida. Maxi González. 2012: Serie Matalobos (capítulo 79). Voz Audiovisual e TVG.

Obras É autor de múltiples obras de teatro para representar:

Os sen tren e A última balada (2006), Sombras no fume (2008), Memoria de Ut e 1357 (2009), Baile de sombras (2010), Cinza e Divertimento (2011), Faust Box e Retrato con muller ó fondo (2012), Diante do espello, Antiheroica, O baúl máxico. O león de granxa (2013), Subterránea, Unha de piratas, que che pasa, Lear?, Finlandia e Apocalipse (2014), Crono, Ulrike no deserto, Sorrisos, As últimas palabras de Revólver James e Virtual (2015), Alacrán, Cos ollos no ceo e Niño de ratas (2016), Finxido, Skizo e Lixo (2018), (amor) de papel, 254. Bisiesto e Síncope (2019), Ferro e níquel e Fogar (2020), Cadro 65 (2021), A memoria dos peixes (2022), Naufraxio e O arreguizo (2024), Vento metal (2025), O Novo (microteatro con Anna R. Figueiredo e Dani Blanco, 2025), Cine Olimpo (2026).

Obra publicada

Diante do espello (2014). Difusora De Letras, Artes E Ideas. ISBN 9788492958221.

Libros colectivos

III Torneo de dramaturxia de Galicia (2020). Ed. Positivas. ISBN 978-84-121415-7-3. DramaturGA 20 (2020). Ediciones invasoras. ISBN 978-84-16993-83-3.

Premios e recoñecementos

2005 : 2.º premio do certame Na Vangarda, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, á obra O asasino sorrinte. 2006: Finalista do certame GZcrea coa obra O método Gronholm de Eis Teatro. 2007: 3.º premio do certame GZcrea coa obra Os sen tren de Os Containers e finalista coa obra A última balada de Teatro no Aramio. 2008: Finalista do certame GZcrea coa obra Golpe de estado. 2009: Premio ó Mellor Espazo Escénico polo deseño escenográfico de Memoria de Ut. 2012: Primeiro premio do certame Xuventude Crea 2012 á obra Baile de sombras. 2013: Gañador do VIII Premio Abrente para textos teatrais convocado pola MIT de Ribadavia con Diante do espello.

Notas

Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia