Mouctar Diakhaby, nado en Vendôme (Loir e Cher, Francia) o 19 de decembro de 1996, é un futbolista franco-guineano que xoga como defensa central ou centrocampista defensivo no Valencia, da Primeira División. Nado en Francia, é internacional coa selección nacional de Guinea.

Traxectoria Naceu na vila francesa de Vendôme, sendo fillo de pais guineanos, naturais de Touba. Debutou co primeiro equipo do Olympique de Lión o 10 de setembro de 2016 nun partido da Ligue 1 contra o Bordeaus. O 30 de novembro marcou o seu primeiro gol, nunha vitoria por 0-6 sobre o Nantes. Valencia

O 28 de xuño de 2018 asinou un contrato co Valencia, co que disputou máis de 200 partidos ao longo dos seguintes anos.

Selección nacional Tras xogar nas categorías inferiores da selección francesa, en 2022 decidiu representar o país natal dos seus pais, Guinea, e debutou con eles contra Exipto. Disputou a Copa de África de 2023, acadando os cuartos de final.

Notas

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados no departamento de Loir e Cher Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Futbolistas de Guinea Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Olympique de Lión Categoría:Xogadores do Valencia CF