Os Monachinae (monaquinos ou focas do sur) son unha subfamilia de focas que se distribúen fundamentalmente nas rexións tropical, temperada e polar do hemisferio Sur, aínda que tamén teñen e tiveron representantes no hemisferio norte (no pasado distante tiñan representantes que se atoparon fosilizados a ambos os lados do Atlántico Norte e as focas monxe viven hoxe en día no Mediterráneo e costas atlánticas do norte de África e hai unha especie en Hawai). A diferenza ente os membros deste grupo e os membros de Phocinae é que nos monaquinos as garras traseiras están moi reducidas en tamaño. Ademais, todas as especies teñen 34 cromosomas. Recoñécense dentro da subfamilia tres tribos: Monachini (focas monxes), Miroungini (focas elefante) e Lobodontini (focas antárticas e algúns xéneros fósiles afroamericanos). Aínda que hoxe só están representadas por oito especies existentes e unha especie recentemente extinta (a foca monxe do Caribe), os Monachinae teñen unha rica diversidade de especies fósiles que empezaron a declinar axiña e foron substituídas por especies de pinnípedes otáridos do sur como leóns mariños e arctocefalinos.

Notas

Categoría:Fócidos