O percebe (Pollicipes pollicipes), tamén denominado mixote, percebe da pedra, percebe da sombriza e percebe mexón, segundo M. C. Ríos PanisseRíos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago: Univerdidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, pp. 56-57. e mais Rosa Ramonell,Rosa Ramonell (1985), p. 183. é unha especie de artrópodo pertencente á familia dos policipédidos da orde dos pedunculados e infraclase dos cirrípedes, do subfilo dos crustáceos, estando en consecuencia ligado de lonxe cos cangrexos e as lagostas. Algunhas autoridades académicas consideran os cirrípedes como clase plena.
A especie foi descrita por primeira vez polo químico e naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin en 1789, baixo o nome de Lepas pollicipes. Das ao redor de 1220 especies de percebes coñecidas, Pollicipes pollicipes (antes Pollicipes cornucopia) é a común nas augas galegas.
Etimoloxía O nome galego, percebe, remonta ao latín pollicipes, composto de pollex "polgar" e pes "pé" (literalmente: 'o dedo gordo do pé').
Fases vitais Os percebes viven adheridos ás rochas en zonas moi batidas polo mar e formando grupos. Teñen dúas fase larvais: a primeira larva denomínase nauplius, que evoluciona como parte do plancto, flotando a onde o vento, as ondas, as correntes ou as mareas as leven, tempo durante o cal muda. Esta fase dura sobre dúas semanas, até acadar a fase seguinte. Chegado ese momento, a nauplius metamorfoséase nunha nova larva cypris, que é máis apta nadando. As cypris estabelécense nunha zona onde os signos ambientais denoten unha contorna segura e produtiva. Se non o atopan, as larvas morrerán.
Cando atopan un sitio axeitado, a larva cipris enraíza ela soa, primeiro a cabeza, na superficie, e de seguido comeza a se metamorfosear nun diminuto percebe. O corpo está formado por un pedúnculo carnoso (que é a parte que se aproveita para comer) e unha uña da que saen os cirros polos que se alimentan. O percebe típico desenvolve seis armaduras ou capas sucesivas para envolver e protexer o seu corpo. Durante o resto da súa vida, estará soldado ao chan, utilizando os seus tentáculos para capturar o plancto ou os gametos na época da posta. Os percebes, polo xeral, acostuman encontrarse na zona intermareal.
Reprodución Como moitos outros invertebrados, os percebes son hermafroditas, alternando os roles masculinos e femininos no paso do tempo. O percebe que fai o rol de macho introduce os espermatozoides na cavidade do que fai de femia, que incubará os ovos no seu interior. Cando saen dos ovos pasarán polas distintas fases larvais anteditas até fixarse ás rochas onde seguirán medrando.
Dise que o percebe posúe o pene máis longo en proporción á lonxitude do seu organismo: segundo algunhas fontes alcanza 20 veces a lonxitude do animal. Con todo, nun recente experimento realizado no Aquarium Finisterrae da Coruña conseguiuse gravar por vez primeira a cópula do percebe, observándose que realmente o tamaño do pene en erección se multiplica aproximadamente por un e medio.
Outros Os percebes poden fixarse a estruturas construídas por humanos, ás veces en prexuízo das tales estruturas. En particular, con respecto aos barcos son considerados como animais prexudiciais.
Con todo, algúns membros deste grupo teñen un modo de vida algo diferente. Por exemplo, os do xénero Sacculina son parasitos dos cangrexos.
Gastronomía miniatura|Venda de percebes nun mercado. É un marisco que destaca polo seu alto prezo.
Explótase sobre todo desde Galicia e Asturias, Cantabria, País Vasco, Portugal e Francia (especialmente en Belle Isle), sendo a costa galega un dos mellores lugares para esta especie, que constitúe un produto típico da súa gastronomía. Recóllese manualmente nas rochas situadas na zona intermareal das rías, acantilados, illas etc., con risco considerable para os operarios, localmente chamados percebeiros.
A parte comestible é a que forma o pedúnculo. O seu equivalente comestible americano é o picoroco.
O percebe en Galicia O percebe galego, debido á riqueza nutritiva das augas de Galicia, é máis groso e escuro que o de Marrocos, e ten a uña máis avermellada e con menos placas que o percebe do Canadá (que é doutra especie, parecida, Pollicipes polymerus Sowerby, 1833), facendo toda esta suma que sexa dunha gran calidade. Destaca sobor de todo o percebe do Roncudo, en Corme (concello de Ponteceso), e o de Cedeira pola súa calidade.
O percebe na gastronomía O mestre Álvaro Cunqueiro dicía que miniatura|Percebes no Porto do Son (entre Fisterra e Corrubedo).
E pola súa parte, un seu discípulo, Jorge Víctor Sueiro, afirmaba que este crustáceo
Festas gastronómicas Festa do percebe do Roncudo: Corme, 13 de xullo Festa do percebe: Cedeira, 26 de xullo Festa do percebe: Aguiño, 27 de xullo
Crenzas En Europa, até ben entrada a Idade Moderna creuse que algunhas especies de gansos (as do xénero Branta) eran a metamorfose madura dos percebes (chamándose en inglés barnacles tanto a estes cirrípedes como a esas aves); este era un dos modos en que a xente burlaba o xaxún de carnes durante a coresma, dado que segundo o cristianismo durante ese período as únicas carnes que se podían comer eran as de peixes e mariscos, deste xeito as aves chamadas do mesma xeito e até, nalgunha ocasión, outras similares (ánsares e patos) eran clasificadas como "moluscos" ou "crustáceos". Un dos argumentos para tan curiosa taxonomía era o feito de que os percebes teñen apéndices que recordan a plumas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cruz, Teresa (2000): Biologia e ecologia do percebe Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1790) no litoral suroeste português. Tese de doutoramento. Universidade de Évora, 306 pp. Vista en liña Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial FGalaxia, S. A. ISBN 84-7154-181-5, 76 pp. Pérez A. C. (1996): El percebe en Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, Aula del mar. ISBN 84-89231-16-8, 60 pp. Quéro J. C. e Vayne J. J. (1998): Les fruits de la mer et plantes marines des pêches françaises. París: Delachaux et Niestlé. ISBN 2-603-01109-X, 256 pp. Capítulo "Pouce-pied Vista en liña Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 8471545062, 293 pp. Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Manual del Marisco. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-49-2, 350 pp.</ref>
Outros artigos Cirrípedes Percebe da madeira Percebe do Canadá Mito da árbore dos gansos-percebe Ligazóns externas O comportamento en catividade do percebe. Noticia do xornal La Voz de Galicia na que se recolle a investigación feita ao respecto no Aquarium Finisterrae (visitada o 7 de outubro de 2007). Aquarium Finisterrae. Posto en liña o 6 de outubro de 2007, consultado o 3 de xullo de 2013. Paco Moinelo. Posto en liña o 24 de setembro de 2006, consultado o 3 de xullo de 2013. Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1790) en DORIS. Consultada o 3 de xullo de 2013. Pollicipes pollicipes en NCBI. Consultada o 3 de xullo de 2013. Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1790) en WoRMS. Consultada o 3 de xullo de 2013. Ficha en pescaderiascorunesas.es Festa do Percebe de Roncudo . Festa de interese turístico nacional.
Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1789