miniatura|Xeo á deriva, Groenlandia. miniatura|Xeo fixo (esquerda, ao longo da costa) fronte a xeo á deriva (dereita) nun hipotético escenario da dinámica do xeo. O xeo á deriva é o xeo mariño que non está conectado coa costa ou ningún outro obxecto fixo (bancos de area, icebergs encallados etc.).Leppäranta, M. 2011. The Drift of Sea Ice. Berlin: Springer-Verlag. A diferenza do xeo fixo, que está unido a un obxecto fixo, o xeo á deriva é transportado pola superficie do mar pola acción dos ventos e correntes mariñas, de aí o seu nome. Cando o xeo á deriva se xunta formando unha soa masa grande (cobren >70 % da zona), chámase pack de xeo.WMO Sea-Ice Nomenclature O vento e as correntes poden amontoar este xeo formando cristas elevadas de ducias de metros de gosor, as cales representan un problema para os quebraxeos e estruturas en alta mar que operan en mares e océanos fríos.
O xeo á deriva consiste en lazos de xeo (floes), cachos de xeo mariño flotantes de 20 m ou máis de ancho. Estes cachos de xeo poden clasificarse segundo o seu tamaño en: pequenos (de 20 a 100 m), medios (de 100 a 500 m), grandes (de 500 m a 2000 m); vastos (de 2 a 10 km) e xigantes (máis de 10 km).NSIDC All About Sea IceEnvironment Canada Ice Glossary
O xeo á deriva afecta a: Seguridade de navegación Impacto climático Impacto xeolóxico Influencia sobre a biosfera
O xeo á deriva pode exercer forzas tremendas cando preme ou bate contra estruturas, e pode rachar temóns e hélices de barcos e estruturas fortes ancoradas á costa, como peiraos. Estas estruturas deben ser retraíbles ou retirables para evitar que se danen. De xeito similar, os barcos poden quedar atrancados entre o xeo flotante á deriva.
Os dous maiores campos ou packs de xeo son o do casquete polar ártico e o da banquisa antártica. As áreas máis importantes de campos de xeo son as polares formadas por auga de mar. Estas áreas polares cambian significativamente de tamaño durante os cambios estacionais. Debido ás enormes cantidades de auga que se agregan ou que se retiran do océano e atmosfera, o comportamento destes campos de xeo polares ten unha significativa influencia nos cambios globais no clima.
O xeo á deriva estacional no mar de Okhotsk na costa norte de Hokkaidō, Xapón, converteuse nunha atracción turística,"A Port's Ice Is Thinning, and So Is Its Tourist Trade", The New York Times, 14 de marzo de 2006. e é unha das 100 paisaxes de son do Xapón (sons da natureza ou culturais dignos de admirar). O mar de Okhotsk é a parte máis ao sur do hemisferio Norte onde se pode observar xeo á deriva.
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Iceberg Polinia Xeo mariño Banquisa
Ligazóns externas "Ice in the Sea" : ccapítulo d obra de Nathaniel Bowditch American Practical Navigator Cryosphere Today : Current Arctic sea ice conditions Fontesde datos para imaxes de xeo mariño Marine Modeling and Analysis Branch Everything you ever wanted to know about sea ice but were afraid to ask Animación do movemento do xeo mariño de setembro de 2003 a maio de 2004 Atlas do xeo mariño á deriva antártico Artigos de Paul Gordienko sobre o xeo e o xeo á deriva na Dartmouth College Library
Categoría:Xeo mariño Categoría:Oceanografía