Os fiordes do oeste de Noruega son a denominación común de dous fiordes de Noruega inscritos na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO: o Geirangerfjord e o Nærøyfjord.
Xeografía Localización O sitio do Patrimonio da Humanidade comprende dúas áreas separadas por 120 km, situadas no suroeste de Noruega, ao noroeste da cidade de Bergen, e forma parte da paisaxe de fiordos do oeste do país que se estende ao longo de 500 km entre Stavanger, no sur, e Åndalsnes, no norte.. As áreas do Geirangerfjord e do Nærøyfjord suman un total de 1,227 km², incluíndo 1.120 km² de superficie terrestre e 107 km² de auga.
A zona do Geirangerfjord sitúase a 60 km cara ao interior e comprende o propio Geirangerfjord, como extremo superior do Storfjorden, así como o Tafjorden. O sitio patrimonial sitúase no condado de Møre og Romsdal e abrangue partes dos municipios de Fjord e Stranda. A súa superficie total é de 518 km², dos cales km²462 corresponden a terra firme e 57 km² a auga.
O Nærøyfjord atópase a 100 km cara ao interior e constitúe o extremo superior do Sognefjord. Sitúase no condado de Vestland e abrangue partes dos municipios de Aurland, Vik, Lærdal e Voss. A súa superficie total é de 709 km², dos cales 658 km² son terra firme e 51 km² son auga. Está atravesado pola ruta europea E16.
Clima Ambas as zonas, malia estaren relativamente afastadas, presentan un clima moi semellante, de transición entre o clima oceánico e o clima continental. A rexión é propicia para a formación de microclimas. A neve permanece nas montañas desde outubro ata finais de maio e, nos vales, desde finais de novembro ata marzo. No inverno, as cabeceiras dos fiordes permanecen conxeladas durante un período de entre unha e tres semanas..
Presenza humana A zona do Geirangerfjord contaba con 230 habitantes en 2003, mentres que o Nærøyfjord tiña 243 habitantes en 2001.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Noruega
Ligazóns externas Description on the World Heritage Site
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Noruega