Mario Martín Rielves, nado en Sonseca o 5 de marzo de 2004, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Getafe da Primeira División.

Traxectoria Nado en Sonseca, Toledo, formouse como futbolista nas canteiras do Sonseca, o Toledo, o EFB Odelot Toletum e o Real Madrid. Debutou co Real Madrid Castilla na Primeira Federación durante a tempada 2021/22.

O 26 de xaneiro de 2023 debutou co primeiro equipo do Real Madrid, nunha vitoria por 3-1 sobre o Atlético de Madrid na Copa do Rei, entrando como substituto de Rodrygo na prórroga. Debutou na Primeira División o 14 de maio do ano seguinte, substituíndo a Fede Valverde nunha vitoria por 5-0 na casa contra o Deportivo Alavés. 

Na tempada 2024/25 xogou cedido no Real Valladolid, tamén da máxima categoría.

O 29 de xullo de 2025, tras descender co Valladolid, foi cedido ao Getafe. O 28 de maio de 2026 o Getafe exerceu a súa opción de compra sobre o xogador, asinando con el un contrato de catro anos ata o 30 de xuño de 2030. Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Getafe CF