Cecilia von Heijne, nada en Burlöv, Escania, o 30 de xaneiro de 1969, é unha numismática sueca, que en 2019 accedeu á dirección do Gabinete Real de Moedas de Estocolmo.

Traxectoria

Cecilia von Heijne é doutora en Arqueoloxía, con especialidade en Numismática. Acadou o seu doutoramento en 2004 no seo do Instituto Numismático de Estocolmo, que forma parte do Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Estocolmo,"Heijne, Cecilia von". En Coins Weekly. 7 de decembro de 2016. cunha tese titulada "Särpräglat: achados de moedas da Idade Viquinga e da Alta Idade Media de Dinamarca, Escania, Blekinge e Halland (ca. 800-1130)".Véxase "(2004)" en "Publicacións". No mesmo ano 2004, foi acredora da bolsa Rasmusson, un fondo administrado pola Sociedade Numismática Sueca e destinado a premiar os investigadores novos en materia numismática.Elfver, F. (2004). "N. L. Rasmussons stipendium till Cecilia von Heijne". En Svensk Numismatisk Tidskrift, 8. Páxina 179.

Von Heijne foi conservadora no Gabinete Real de moedas a partir de 2004 e pasou a ser conservadora xefa en 2012. En 2018, foi nomeada directora en funcións do museo e en decembro de 2019 converteuse na directora permanente da institución, baixo cuxo mandato cambiou o seu nome polo de Museo de Historia Económica – Gabinete Real de Moedas (Ekonomiska museet – Kungliga Myntkabinettet)."Cecilia von Heijne ny chef för Kungl. Myntkabinettet". Ekonomiska museet (ekonomiskamuseet.se). 17 de decembro de 2019.

Nas súas investigacións céntrase na numismática medieval, sinaladamente na moeda viquinga e na do século XIV. É autora de numerosos artigos en revistas especializadas e de varios traballos monográficos."Cecilia von Heijne". Numista.com"Cecilia von Heijne". Academia.edu Desde 2014 é editora da publicación periódica Nordisk Numismatisk Arsskrift.

Cecilia Von Heijne forma parte da Sociedade Sueca de Antigüidades (Svenska fornminnesföreningen), unha entidade na que ocupou a primeira secretaría entre os anos 2002 e 2006.Spiegelberg, C. (2006). Sveriges statskalender 2006. Norstedts Juridik, Estocolmo. Páxina 644. ISBN 91-38-32230-7 Igualmente, é membro do Consello Internacional de Numismática desde 2015 e editora do sitio web do Consello."Committee of the INC". International Numismatic Council (inc-cin.org).

O seu apelido orixinal era Persson, mais cambiou por Von Heijne logo do casamento co pianista Claes von Heijne.Jonsson, G. (2024). "Räknar med noll tusenlappar". En DI Weekend. 3 de maio. Páxina 6.

Recoñecementos

2023: Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen (numismatik.se).

Publicacións

Escolma de monografías (2004). Särpräglat. Vikingatida och tidigmedeltida myntfynd från Danmark, Skåne, Halland och Blekinge (ca 800-1130) (tese de doutoramento). Stockholms Universitet, Estocolmo. ISBN 91-628-6020-8 (2009). From Ephesos to Dalecarlia: reflections on body, space and time in medieval and early modern Europe (coeditora). Historiska Museet / Stockolms Universitet, Estocolmo. ISBN 978-91-89176-37-9 (2010). Monetary boundaries in transition. A North European economic history and the Finnish war 1808-1809 (ed. con T. Talvio). Statens Historiska Museum, Estocolmo. ISBN 9789189176416

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vídeo: "Cecilia von Heijne, Ekonomiska museet"

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados no condado de Escania Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Arqueólogos de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes