Enes Ünal, nado en Osmangazi o 10 de maio de 1997, é un futbolista turco que xoga de dianteiro no Getafe, da Primeira División.

Con 16 anos marcou un gol no seu debut na Süper Lig co Bursaspor contra o Galatasaray, converténdose no xogador máis novo en marcar na máxima categoría de Turquía. Foi 34 veces internacional coa selección turca entre 2015 e 2024.

Traxectoria Naceu en Osmangazi, Bursa, o 10 de maio de 1997. O seu pai Mesut Ünal tamén foi futbolista profesional e tamén xogou no Bursaspor.

Formouse como futbolista na canteira do Bursaspor, debutando co primeiro equipo o 1 de agosto de 2013, no partido de ida da terceira rolda de clasificación da Europa League 2013/14 contra o Vojvodina en Karađorđe, substituíndo a Sebastián Pinto nos últimos cinco minutos.

O 25 de agosto de 2013 debutou na Süper Lig, entrando como substituto de Ferhat Kiraz no minuto 71 contra o Galatasaray, e tres minutos despois marcou o seu primeiro gol na liga. Este gol converteuno no xogador máis novo en marcar na historia da competición.

Manchester City O 7 de xullo de 2015 anunciouse a súa fichaxe polo Manchester City, da Premier League, e a continuación saíu cedido ao Genk, da Pro League belga. O 29 de xaneiro de 2016, a cesión foi cancelada e regresou ao Manchester City.

O 1 de febreiro de 2016 foi cedido ao NAC Breda neerlandés ata o final da tempada. 18 días despois marcou no seu debut contra o Fortuna Sittard. Marcou o primeiro triplete da súa carreira o 11 de abril de 2016 nun partido contra o Telstar. Para a tempada 2016/17 foi cedido ao Twente. O 21 de agosto foi titular por primeira vez, anotando o segundo hat-trick da súa carreira. Marcou dous goles máis no seu seguinte partido co club, unha vitoria por 4-1 sobre o ADO Den Haag.

Villarreal O 30 de maio de 2017 fichou polo Villarreal da Primeira División española. Debutou no partido inaugural da tempada, nunha derrota por 1-0 contra o Levante o 21 de agosto.

O 30 de outubro de 2017 foi cedido ao Levante. Con todo, o 26 de decembro de 2017, o Villarreal recuperou ao xogador.

Getafe O 12 de agosto de 2020 o Getafe anunciou a súa fichaxe por cinco anos.

Bournemouth

O 1 de febreiro de 2024 foi cedido ao Bournemouth. Marcou o seu primeiro gol para o seu novo club o 9 de marzo, no empate 2-2 na casa contra o Sheffield United.

O 29 de maio de 2024 o club inglés anunciou que asinara co xogador un contrato por catro anos.

O 13 de agosto de 2026 o Getafe anunciou o regreso de Ünal cun contrato de tres anos.

Selección nacional Despois de marcar 25 goles en 24 partidos coa selección turca sub-16, ascendeu á sub-17 e, tras marcar o seu primeiro gol como profesional en 2013, foi convocado pola selección turca sub-21, a pesar de ter só 16 anos. Marcou o seu primeiro gol coa sub-21 na vitoria por 4-0 contra Malta.

Debutou coa selección turca absoluta o 31 de marzo de 2015, substituíndo a Olcay Şahan no minuto 57 nun amigable contra Luxemburgo no Stade Josy Barthel. O 17 de novembro de 2019 marcou os seus dous primeiros goles coa selección turca nunha vitoria por 2-0 contra Andorra, durante a fase de clasificación para a Eurocopa 2020. O 1 de xuño de 2021 foi un dos 26 convocados polo seleccionador Şenol Güneş para a Eurocopa.

Notas

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Turquía Categoría:Futbolistas de Turquía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do AFC Bournemouth Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do NAC Breda Categoría:Xogadores do KRC Genk Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores do Bursaspor Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Turquía