Practicamente maxia (en ) é un filme estadounidense de 1998 baseado na novela de 1995 de Alice Hoffman. Dirixido por Griffin Dunne, está protagonizado por Sandra Bullock, Nicole Kidman, Dianne Wiest, Stockard Channing e Aidan Quinn. Bullock e Kidman interpretan ás irmás Sally e Gillian Owens, descendentes dunha longa liñaxe de bruxas. Criadas polas súas tías despois da morte dos seus pais por mor dunha maldición familiar, as irmás aprenden os usos da maxia práctica a medida que medran. Anos despois, deben usar a súa maxia para destruír o espírito maligno do noivo abusivo de Gillian antes de que as mate.

Estreouse a través de Warner Bros. o 16 de outubro de 1998, e recadou 94,4 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 60 a 75 millóns. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, mais converteuse nun filme de culto. Estreouse en galego o 1 de novembro de 2002 a través da TVG. A súa secuela, Practical Magic 2, estreouse o 10 de setembro de 2026.

Personaxes

Sandra Bullock como Sally Owens Camilla Belle como Sally Owens de moza Nicole Kidman como Gillian Owens Stockard Channing como Frances Dianne Wiest como Jet Goran Visnjic como Jimmy Angelov Aidan Quinn como Gary Hallet Evan Rachel Wood como Kylie Alexandra Artrip como Antonia Mark Feuerstein como Michael Caprice Benedetti como Maria Owens Margo Martindale como Linda Bennett Chloe Webb como Carla Martha Gehman como Patty Lucinda Jenney como Sara Mary Gross como Debbie Peter Shaw como Jack Caralyn Kozlowski como Regina

Notas

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Griffin Dunne Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes rodados no estado de Washington Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes sobre irmás