Niccolò Papadopoli (tamén escrito Nicolò), nado en Venecia o 23 de maio de 1841 e finado en Roma o 17 de marzo de 1922, foi un empresario, numismático e político italiano.

Traxectoria

Orixe familiar e xuventude Naceu en maio de 1841 en Venecia no seo dunha familia nobre con orixe na illa grega de Creta, cun alto rango nobiliario en Oriente, o máis novo dos dous fillos de Giovanni Papadopoli (1786-1862) e a condesa florentina Maddalena Aldobrandini (1816-1877). El foi bautizado co nome de Niccolò Papadopoli, mais en 1905 concedéuselle o permiso para engadir ao seu o apelido materno, polo que pasou a chamarse formalmente Niccolò Papadopoli-Aldobrandini. En 1858 confirmouse o título de conde."Papadòpoli". Enciclopedia on line (trecani.it).Martelli, R. (2014). "Papadopoli". En Dicionario biográfico dos italianos. Vol. 81 (treccani.it).

A situación económica da familia era excelente, xa que o seu pai herdara en 1833 unha parte do banco e da compañía de comercio familiar, por un valor de oito millóns de liras austríacas.

En 1859, Niccolò foi obrigado polas autoridades imperiais austríacas a exiliarse, por participar en reunións patrióticas clandestinas e axudar aos exiliados políticos venecianos. Así as cousas, refuxiouse no Piemonte, xunto coa súa nai e o seu irmán. Alí, alistouse como soldado no exército de Savoia e loitou contra as tropas austríacas. Regresou a Venecia cando se liberou da dominación austríaca, mais en 1866, ao estalar a terceira guerra de independencia, foi expulsado novamente. Alistouse entón no exército italiano e, logo da anexión do Véneto a Italia, puido regresar a Venecia.

Carreira pública e como erudito Nos anos seguintes, Papadopoli converteuse nunha figura senlleira dos estudos numismáticos en Italia. Publicou arredor de cincuenta traballos centrados especialmente na moeda véneta, e foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Italiana en 1892, da que foi o primeiro presidente."La nostra storia". Società Numismatica Italiana (Socnumit.org).

Tamén foi un destacado coleccionista de moedas; a súa colección chegou a ser unha das máis grandes e importantes de Italia, composta por arredor de 17.000 pezas, sinaladamente medallas e a moedas italianas medievais e modernas —algunhas delas inéditas—,Véxase "Colección Papadopoli de moedas italianas inéditas" en "Publicacións". e moedas do Oriente Latino. En 1920, pouco antes da súa morte, cedeu a súa colección persoal ao museo Correr, de Venecia. Consonte os seus desexos testamentarios, en 1925 este museo encargou a publicación do catálogo da colección numismática Papadopoli-Aldobrandini, que foi compilado por Giuseppe Castellani.Hill, G. F. (1925). "Review: Civico Museo Correr. Catalogo della Raccolta Numismatica Papadopoli-Aldobrandini. Vol. I, Vol. II Giuseppe Castellani". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Vol. 5. Páxinas 411-412.

Os seus intereses estendéronse tamén a outras disciplinas, como a xeografía e a historia, e era igualmente un apaixonado da arte. Foi un dos fundadores da Sociedade Xeográfica Italiana en 1867 e, entre outros cargos institucionais do ámbito cultural, foi vicepresidente (1908-1911) e logo presidente (1911-1913) do Instituto Veneciano de Ciencias, Letras e Artes; presidente do consello de dirección do Museo Correr (1895-1922) e presidente da Deputación de Historia Patria para o Véneto (1907 e 1921)."Papadopoli Niccolò". Senato della Repubblica (senato.it).

No ámbito empresarial, Papadopoli foi membro dos consellos de administración de varias empresas, como a Compañía Veneciana de Navegación a Vapor, a Compañía Cellina —que explotaba os recursos hídricos no Véneto—, a Compañía do Porto Industrial de Venecia), e o consello superior do Banco Nacional do Reino de Italia.

Como responsable político, foi concelleiro e asesor municipal no municipio de Venecia (1866-1874), deputado do Reino de Italia (1874-1882)"Nicolò Papadopoli Aldobrandini". Camera dei deputati (storia.camera.it). e senador durante máis de tres décadas, desde 1891 ata o seu pasamento. miniatura|298x298px|O Palazzo Papadopoli, en Venecia, adquirido polos irmáns Papadopoli en 1864."Palazzo Coccina Tiepolo Papadopoli". Venezia.jc-r.net

Vida persoal e morte Casou en 1880 coa baronesa croata Elena Hellenbach, coa que tivo dúas fillas xemelgas: Vera Clotilde (1883-1946) e Maria Maddalena (1883-1965).

Niccolò Papadopoli faleceu no Grand Hôtel, de Roma, o 17 de febreiro de 1922, aos 80 anos."Nécrologie: Nicolas Papadopoli". En Revue suisse de numismatique. 22. 1920. Société Suisse de Numismatique. Páxina 267. Publicacións A obra de Niccolò Papadopoli é moi densa, sobre todo no relativo á numismática veneciana."Nicolò Papadopoli". Numista.com A súa listaxe de traballos monográficos foi listada por Giuseppe Castellani en 1922.Castellani, G. (1922). "L'opera numismatica di Nicolò Papadopoli". En Rivista italiana di numismatica. Ano XXXV. Vol. V. Páxinas 179-192. Preséntase a seguir unha escolma destes:

Monografías (1882). Sulle origino della veneta zecca. Antonelli, Venecia. (1885). Sul valore della moneta veneziana. Antonelli, Venecia. (1887). Del piccolo e del bianco antichissime monete veneziane. Antonelli, Venecia. (1889). Monete dalmatiae. L. F. Cogliati, Milán. (1890). Enrico Dandolo e le sue monete. L. F. Cogliati, Milán.

(1893-1919). Le monete di Venetia descritte ed illustrate da Nicolo Papadopoli coi disegni di C. Kunz. Parte I (1893); Parte II (1907); Vol. III (1919). F. Ongania, Venecia. (1899). Una tariffa con disegni di moneta stampata a venezia nel 1513. Visentini, Venecia. (1906). Le monete anonime dei Venezia dal 1472 al 1605. L. F. Cogliati, Milán. (1916). Il ducato d'oro di Deodato di Gozon. C. Ferrari, Venecia. miniatura|Portada de I Dogi omonimi di Venezia e le loro monete (1917).|290x290px (1917). I Dogi omonimi di Venezia e le loro monete. Istituto Italiano di Numismatica, Roma.

Colección Papadopoli de moedas italianas inéditas Ademais, Papadopoli foi publicando na Rivista Italiana di numismatica nunha serie de artigos entre 1893 e 1913 a súa colección de moedas italianas inéditas:

(1893-1913). "Monete Italiane della Racolta Papadopoli". En Rivista Italiana di Numismatica. (1893). "Parte I". En RIN. Vol. VI. Páxinas 169-174. (1893). "Parte II". En RIN, Vol. VI. Páxinas 303-333. (1893). "Parte III". En RIN. Vol. VI. Páxinas 415-430. (1894). "Parte IV". En RIN. Vol. VII. Páxinas 299-322. (1896). "Parte V". En RIN. Vol. IX. Páxinas 325-363. (1902). "Appendice al N. 1". En RIN Vol. XV. Páxinas 113-117. (1908). "Appencice II al N. 1". En RIN. Vol. XXI. Páxinas 179-189. (1913). "Parte VI". En RIN. Vol. XXVI. Páxinas 49-87.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "Nicolò Papadopoli". En Rivista italiana di numismatica. Ano XXXV. Vol. V. 1922. Páxinas 64-65. Castellani, G. (1922). "L'opera numismatica di Nicolò Papadopoli". En Rivista italiana di numismatica. Ano XXXV. Vol. V. Páxinas 179-192.

Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Nados en Venecia Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Políticos de Italia Categoría:Empresarios de Italia Categoría:Banqueiros Categoría:Coleccionistas Categoría:Senadores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana