NYC Ghosts & Flowers é un álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado o 16 de maio do 2000 polo selo DGC Records. O álbum foi unha reacción creativa ao roubo dos seus instrumentos en xullo de 1999, onde perderon guitarras insubstituíbles e pedais de efectos con numerosas modificacións.

É tamén considerado o álbum no cal a influencia da beat generation (grupo de poetas estadounidenses) na banda é máis influente. As letras da maioría das cancións aseméllanse ao estilo beat.

O álbum recibiu críticas variadas. Brent DiCrescenzo, antigamente en Pitchfork Media, deulle un 0.0, mentres que Inkblot Magazine eloxiou a súa dirección vangardista e Robert Christgau dixo que por momentos o álbum é máis fermoso que os máis aclamados Washing Machine ou A Thousand Leaves.

Listaxe de cancións "Free City Rhymes" (letra/voz Thurston) – 7:32 "Renegade Princess" (letra Thurston, voz Thurston, Kim e Lee) – 5:49 "Nevermind (What Was It Anyway?)" (letra/voz Kim) – 5:37 "Small Flowers Crack Concrete" (letra Thurston, voz Thurston, Kim e Lee) – 5:12 "Side2Side" (letra/voz Kim) – 3:34 "StreamXSonik Subway" (letra/voz Thurston) – 2:51 "NYC Ghosts & Flowers" (letra/voz Lee) – 7:52 "Lightnin'" (letra/voz Kim) – 3:51

Categoría:Álbums de Sonic Youth Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de DGC Records