O pilro común (Calidris alpina) é unha ave da familia Scolopacidae.
Descrición Os adultos miden entre 17 e 21 cm, cunha envergadura de ás de entre 32 e 36 cm. Pesan de 40 a 60 gramos e poden vivir ata 24 anos. O bico é longo e lixeiramente curvado. Os ollos e as patas, que son de lonxitude media, son castaños escuros. En inverno son castaños por arriba e co ventre branco. Na época de cría ao ventre ten unha coloración negra e a parte superior e castaña avermellada. Machos e femias son de plumaxe semellante,
Hábitat miniatura|esquerda|Pilro común Na época de cría viven principalmente en zonas de tundra. Durante a migración aparecen nas costas e marismas da Europa central. Pasan o inverno nunha área que vai do suroeste do continente europeo ata o oeste de África. O seu hábitat preferido son zonas de lama, pantanos e zonas con uces e prados salgados.
Alimentación Comen insectos e larvas, que capturan de zonas cunha pequena capa de auga. Na época de migración capturan tamén caracois, vermes e pequenos crustáceos.
Reprodución thumb|left| Calidris alpina alpina Maduran sexualmente ó ano de idade. Fan o niño agochado entre a vexetación do chan. Entre abril e xullo poñen catro ovos castaños con marcas castañas máis escuras. Chocan unhas tres semanas, e os pitos son capaces de voar 3 semanas despois de saíren do ovo. miniatura|Calidris alpina.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Videos sobre o Pilro común en Internet Bird Collection
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1758