Boris Gorbatov, nado o 15 de xullo de 1908 e finado o 20 de xaneiro de 1954, foi un escritor e xornalista soviético.

Traxectoria Naceu na conca do Don, en Ucraína, comezou a escribir de moi novo, en 1928 publicou o seu primeiro libro importante, a novela Ячейка (A célula). Correspondente en Siberia e os Urais do diario Pravda, escribiu varios libros con artigos xornalísticos e ensaios. En 1933 publicou Мастера (Os mestres) e en 1934 Мое поколение (A miña xeración). A partir de 1936 botou tempadas en observatorios do Ártico, desas experiencias saíu o libro Обыкновенная Арктика (O Ártico cotián). Durante a segunda guerra mundial foi correspondente de guerra, entrou en Berlín coas tropas soviéticas. A súa experiencia durante a guerra deixoulle unha fonda pegada que se concretou en obras como Алексей Куликов, боец (O soldado Alexei Culicov, 1942) ou Непокоренные (Os indomables, 1943).

Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Ucraína Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Correspondentes de guerra Categoría:Nados na rexión de Luhansk