miniatura|Albóndegas ao estilo sueco. miniatura|Prato de albóndegas chinesas. Unha albóndega e unha bóla de carne picada mesturada con ovos e diversos condimentos, tales como perexil, comiño etc. A albóndega é tan popular nas diferentes gastronomías e ten tantas receitas que resulta ser un hiperónimo acerca dun alimento.

Historia A palabra albóndega é un termo procedente do árabe al-bunduqa = a bóla. Os árabes ensinaron aos europeos a preparar este guiso de bólas de carne. O historiador granadino Luis del Mármol documenta o termo na súa Descrición xeral de África (1573): "Venden fideos, almojábanas e albóndegas feitas de carne picada con especias e fritas en aceite".

Gastronomías do mundo miniatura|Unha variedade de albóndegas de carne e de peixe miniatura|Un detalle das albóndegas chinesas

América No Brasil, as albóndegas chámanse “almôndegas” e sérvense xeralmente con espagueti. Nos Estados Unidos, as albóndegas sérvense comunmente con espaguete como é o caso dos "spaghetti and meatballs", un prato fundamental na cociña americano-italiana. Neste caso, as albóndegas son xeralmente de gran tamaño.

Asia Na China as albóndegas fanse de porco, e xeralmente cócense ao vapor ou férvense. Pódense comer crúas, ou con salsa de soia. As ditas albóndegas poden variar de tamaño e ser dende de cerca de 5 centímetros de diámetro a uns 10 centímetros. Hai un tipo de albóndegas de forma plana cocidas ao vapor que se denominan cabeza do león. As variedades máis pequenas utilízanse en sopas. Na Indonesia, as albóndegas chámanse “bakso” e sérvense xeralmente nunha cunca xunto cunha sopa, ou cos tallaríns, con queixo de soia, ovos, “siomay”, ou carne fritida. No Xapón consómense como un filete de hamburguesa cuxos ingredientes son moi similares ao "hanbāgu".

Europa miniatura|Albóndegas crúas (España)Na gastronomía de Albania existen albóndegas fritidas (Qofte të fërguara) que inclúen queixo feta. En Alemaña (Hackbällchen) son moi coñecidos os Frikadelle típicos da cociña alemá, o nome provén de frittatella, que en italiano significa "frito".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas albóndegas italianas receita baseada en albóndegas italianas en cooks.com

Categoría:Pratos de carne