Patty Smyth, nada o 26 de xuño de 1957, é unha cantante norteamericana de rock.

Traxectoria Nacida en Nova York, de familia de orixe irlandesa, foi a cantante de Scandal na década dos anos 80. Realizou dous álbums en solitario en 1987 e 1992. O seu grande éxito foi Sometimes Love Just Ain't Enough, un dueto con Don Henley que foi número dous nas listas norteamericanas.

Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1957