Xosé Cerviño García, tamén coñecido como o Mestre Cerviño ou, máis popularmente, como Pepe da Pena nado en Aguasantas (Cerdedo Cotobade) o 23 de maio de 1843 e finado no mesmo concello o 4 de xaneiro de 1922, foi un canteiro e escultor galegoA verdade é que a denominación de Mestre Cerviño pode dar lugar a erro porque na mesma época houbo outro escultor, chamado Ignacio Cerviño Quinteiro (nacido en 1839 e do que se ignora a data da súa morte, en todo caso posterior a 1901) e que traballou máis pola zona de Ponteareas. Os diferentes autores discuten a verdadeira autoría de distintos panteóns e outras obras entre os dous artistas..
Traxectoria Algúns especialistas considérano o escultor máis afamado da súa época e de toda a historia da cantaría galega.Julio Fernández Pintos, Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego, nº 42, 2002). De Xosé Cerviño opinou así CastelaoAs cruces de pedra na Galiza, reedición facsimilar Galaxia 1984, 128. Nótese que Castelao o nomeaba erroneamente como Calviño.:
miniatura|Cruceiro do Hío. Aínda que a súa escultura máis nomeada foi sempre o cruceiro do Hío, en Cangas de Morrazo, o conxunto da súa obra merece ser tamén recordado, ben sexa polas esculturas atribuídas a el directamente, ben sexa polas atribuídas á súa dirección.
Restauración da escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. A Santa Cea e O Cristo Morto, en Cangas de Morrazo, dúas imaxes das procesións da Semana Santa canguesa. Capela do Pazo de Montero Ríos e na igrexa de Santo André, en Lourizán (Pontevedra). Restauración da igrexa de Santa María de Augasantas (Cerdedo Cotobade, Pontevedra). Panteóns no cemiterio de Augasantas. Panteóns nos cemiterios de Antas (A Lama) (construído en 1873), Valongo (Cerdedo Cotobade) (circa 1880), Lantaño (Portas) e Lois (Ribadumia). A autoría dos panteóns de Augasantas e Antas non ofrecen dúbida pero a dos outros non é tan segura aínda que a súa similitude permite atribuílos a Cerviño ou dirixidos por el. Panteón da Familia Candeira no cemiterio de Celeiros (Ponteareas), construído en 1871. Cantería das igrexas de Santa María de Beariz (Ourense) e Santiago de Viascón (Cerdedo Cotobade). Un Sagrado Corazón para a igrexa de Santo André de Valongo (Cerdedo Cotobade). Diferentes imaxes, retablos ou campanarios en varias igrexas do Morrazo.
Falecemento Xosé Cerviño faleceu no ano 1922, cego e na máis absoluta pobreza. Foi soterrado no cemiterio de Augasantas, panteón que el mesmo construíu, tal e como fixera coa súa propia casa. Neste panteón, pódese apreciar a súa firma cun banete de catro picos .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1922 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos