Iago é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co galés e co italiano. A súa orixe é o hebreo יַעֲקֹב Ya'aqôbh, que no libro da Xénese é o nome do fillo de Isaac e Rebeca. En galego tamén ten as variantes Xacob, Xácome, Xaime, Santiago e Xacobe.

En xaneiro de 2023 existían 5.427 varóns en Galicia co nome Iago, cunha media de idade de 21,1 anos.Nome Iago na Web do Instituto Galego de Estatística

Orixe do nome O nome Iago xurdiu tamén do latino Iacobus por caída da terminación -bus, entendida coma unha desinencia de dativo/ablativo plural, cando en verdade non o era, e así pasou ao galego, portugués, leonés e castelán. Malia a súa actual popularidade como nome galego non o foi tal no pasado, como nas épocas medievais e modernas, onde só atopamos Jacome (no galego actual sería Xácome).

Iago é tamén a versión do nome en lingua galesa; algúns reis galeses medievais chamáronse Iago, como Iago ap Beli.

Iago noutras linguas Castelán: Yago Galés: Iago Italiano: Iago Portugués: Tiago

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos galeses Categoría:Nomes masculinos italianos