American Thighs é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Veruca Salt. Foi editado a través da discográfica Minty Fresh Records o 27 de setembro de 1994 e reeditado a través da DGC Records o 8 de novembro do mesmo ano. O seu título é unha referencia á unha liña da letra do tema de AC/DC "You Shook Me All Night Long".Borzillo, Carrie (10 de decembro de 1994). "Veruca Salt Rocks The Charts". Billboard. Vol. 106, no. 50. pp. 7, 41
Antecedentes As cantantes e guitarristas Nina Gordon e Louise Post comezaron a traballar xuntas en 1992. Finalmente formaron Veruca Salt co baixista Steve Lack e o batería Jim Shapiro, e os catro xa levaban sendo unha banda completa menos dun ano cando asinaron co selo independente Minty Fresh.Gladstone, Eric. "Next Big Things". CMJ New Music Monthly. Febreiro de 1995. pp. 20-24 En 1994 lanzaron o sinxelo "Seether"/"All Hail Me". "Seether" converteuse nun éxito nas emisoras de radio universitarias e alternativas, e a banda gravou o álbum American Thighs co produtor Brad Wood.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Veruca Salt Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums producidos por Brad Wood