Aarhus ou Århus é unha cidade dinamarquesa, capital do condado de igual nome, situada ao leste de Xutlandia. É unha das cidades máis antigas de Dinamarca, o bispado data de cando menos o 951, e a segunda con máis poboación. A catedral comezouse a construír no 1201, e é a igrexa máis grande de Dinamarca. A economía baséase nas manufacturas metálicas e para a maquinaria, na fabricación de aceite e no porto comercial.
Demografía Evolución da poboación: 1980 - 244.839 1985 - 252.071 1990 - 261.437 1995 - 277.477 1999 - 283.673 2000 - 284.846 2003 - 291.258 2004 - 293.510
Véxase tamén
Ligazóns externas Concello de Aarhus
Categoría:Cidades de Dinamarca Categoría:Capitais europeas da cultura Categoría:Xutlandia