Cunha boa infraestrutura, unha economía de mercado aberto, políticas favorables a investimentos e fortes políticas de exportación, Tailandia tivo un sólido crecemento entre os anos 2000 e 2007, superior a 4% ao ano, alcanzando cotas do 6,9% e 6,1% en 2003 e 2004, tras recuperarse da crise asiática do 1997-1998.

Durante a última etapa do Goberno do primeiro ministro Thaksin en 2006, o nivel de investimentos descendeu un 26%. A crise financeira global do 2008-2009 afectou severamente ás exportacións do país, coa maioría dos sectores sufrindo reducións significativas. O 2009 a economía contraeuse nun 2,2%. No 2010 a economía recuperouse e expandiuse un 7,6%, o seu máis alto crecemento dende o 1995. As exportacións recuperáronse da súa caída no 2009. As protestas contra o goberno entre marzo e maio polarizaron a situación política e tiveron un impacto no consumo e no nivel de confianza dos consumidores.

A pesar de haber sido afectado o turismo durante as protestas, a súa rápida recuperación axudou a elevar a confianza dos consumidores e dos negocios. O PIB medrou o 0,1% no ano 2011 .

Notas