A familia Mariño de Lobeira é unha liña orixinal da Illa de Sálvora, na ría de Arousa. A súa orixe e liñaxe reside nos séculos XI e XII como rama colateral da Casa de Traba.

Orixe lendaria O apelido orixinal é Mariño, procedente da illa de Sálvora. Foi orixinado por Xoán Froila, descendente de Pedro Froila de Trava. Segundo a lenda era Conde-Duque de Valadares, e logo de naufragar na illa de Sálvora foi rescatado pola serea Dona Mariña.

Os dous casaron e concibiron un fillo chamado Xoán Froilaz Mariño (1200 - c. 1250), personaxe que se atopa rexistrado na historia de Galicia e que testou en Pontevedra. Foron unha familia poderosa, construtora do castelo de Vimianzo e do Castelo de Serra de Outes, así como doutras fortalezas e pazos.

A súa ascendencia rexístrase como romano-visigótica, xa que descendían do rei visigodo Vitiza (rei entre 694 e 710) e de Cixillo Balthes.

As liñaxes creadas por esta familia estendéronse ata América e Filipinas.

Personaxes Mariño (de Lobeira) Pedro Mariño de Lobeira (1528-1594), conquistador, explorador e escritor. Desembarcou en América e radicouse en Chile. Ten descendentes en Chile e o Perú. Pedro Mariño de Lobeira Lemos (1618-1649) Fernando Antonio Mariño de Lobeira e Andrade, morgado do anterior e señor da Serra de Outes, posteriormente Marqués da Serra en 1693 e Viceconde de Albeos Antonio Mariño de Lobeira e Andrade (n. 1640), I Marqués de Mariño e casado con Inés Enríquez de Monroy, e despois con Teresa Sarmiento Quirós Soutomaior Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, fillo de Fernando Antonio, tamén Marqués da Serra e Viceconde de Albeos, casou en 1705 con Isabel Nieto, condesa de Guaro e do Arco Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto (n. 1712), fillo do anterior, Marqués da Serra, Viceconde de Albeos, conde de Guaro e do Arco, casado con María Juana Micaela Pardo de Figueroa María del Rosario Mariño de Lobeira e Pardo de Figueroa (n. 1743), a maior das catro fillas do anterior, Marquesa da Serra e de Villafiel, condesa de Guaro e do Arco, casada con Antonio Patiño en 1751 Ramón Patiño Mariño de Lobeira, fillo da anterior, nado xa fóra de Galicia Jerónimo Mariño de Lobeira y Sotomayor, Capitán de terzos españois orixinario de Pontevedra. Ten descendentes en Colombia, parte de Venezuela e Ecuador.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A pegada dos Mariño en Fisterra finisterrae.org Os Mariño de Lobeira xenealoxia.org

Outros artigos Casa de Lobeira (sen relación directa)

* Mariño de Lobeira Categoría:Historia medieval de Galicia