A bandeira de Groenlandia (, ) é un dos símbolos oficiais de Groenlandia, e foi deseñada polo nativo groenlandés Thue Christiansen. Represéntanse nela dúas bandas horizontais branca (enriba) e vermella, cun grande disco levemente movido a pouco do centro. A parte superior do disco é vermella, e a inferior branca. A bandeira enteira mide 12 por 18 partes; cada banda mide 6 partes; o disco é dun diámetro de oito partes, horizontalmente desviado 7 partes respecto ó centro, e centrado verticalmente.

O seu nome local en groenlandés é Erfalasorput, que significa "a nosa bandeira", pero Aappalaartoq (que significa "a vermella") é tamén empregada, tanto para a bandeira dinamarquesa como para a bandeira groenlandesa. Hoxe en día os groenlandeses colocan tanto a Erfalasorput como a Dannebrog, usualmente a carón unha da outra.

Groenlandia tivo a idea dunha bandeira propia por vez primeira en 1973 cando cinco groenlandeses propuxeron unha bandeira verde, azul e branca. Ó ano seguinte, un xornal solicitou once propostas de deseño (todas pero que unha fose unha cruz nórdica) e preguntoulle á xente para ver cal era a máis popular. A Dannebrog foi a preferida pola gran maioría. De pouco valeu ese esforzo.

Historia En 1978, Dinamarca deulle o autogoberno a Groenlandia, facendo dela un membro en pleno dereito do Reino de Dinamarca. O goberno autónomo fixo unha chamada oficial para propostas de bandeiras, recibindo 555 (das cales 293 foron enviadas por groenlandeses). O comité encargado de tomar a decisión non atopou consenso e fíxose unha nova chamada. Finalmente a actual bandeira deseñada por Christiansen gañou por unha estreita marxe a unha bandeira branca e verde coa cruz nórdica con 14 votos fronte a 11. A bandeira de Christiansen foi adoptada oficialmente o 21 de xuño de 1985.

En honor ó décimo aniversario da Erfalasorput, a Oficina de Correos de Groenlandia lanzou selos conmemorativos e un folleto do seu autor. El describiu a banda branca representando os glaciares e a capa de xeo, que cobre máis do 80% da illa; a banda vermella, o océano; o semicírculo vermello, o sol, coa súa parte de abaixo afundida no océano; e o semicírculo branco, os icebergs e placas de xeo. O deseño lembra tamén a unha posta de sol.

Outras propostas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas FOTW: Greenland - History of the Erfalasorput Other flag proposals for a Nordic cross design

Categoría:Símbolos de Groenlandia Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de Dinamarca Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1985