Francisco Calvelo Moreira, nado en Almería en 1982, é un director de cine galego.

Traxectoria Aínda que naceu en Almería, criouse na Coruña.La Voz de Galicia, Fugas, 7-10-2011, p. 20. Autor visual autodidacta e un dos principais impulsores do cinema experimental e fantástico en Galicia. Membro fundador de Black Maria Producciones e do Festival de curtametraxes fantásticas Marienbad. A súa curta Crisálida foi seleccionada no Festival de Cine Internacional de Sitges en 2006, dentro da sección Brigadoom. No ano 2007 remata Go'El, unha curtametraxe realizada a partir dun guión de Jose Antonio Ramos e que conta co actor televisivo galego Santiago Romay.

Filmografía Coropan. Serie de animación. Director. (2012) Carabas. Curtametraxe. Director. (2011) Santiago de Sangre. Curtametraxe. Director. (2008) Susana y David. Curtametraxe. Director, guionista (2008) Go'El. Curtametraxe. Director. (2007) Crisálida. Curtametraxe. Director, guionista, actor (2006) Con tu cara. Curtametraxe. Director, guionista, actor (2004) Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Con tu cara (Web Oficial)

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Almería Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1982