La Brabançonne (do francés: Canto do Brabante) é o himno nacional de Bélxica. Existen tres versións do himno, unha por cada lingua oficial do estado: o alemán, o francés e o neerlandés. Recibe o nome pola rexión do Brabante.

Historia Foi escrito en 1830 polo actor francés Louis Alexandre Dechet, coñecido como Jenneval. Nacido en Lión en 1801 actuaba nun teatro de Bruxelas, tomando parte posteriormente na loita pola independencia de Bélxica, falecendo en Lier en 1830. A música débese a François van Campenhout.

Letra En francés: Ô Belgique, ô mère chérie, A toi nos coeurs, à toi nos bras, A toi notre sang, ô Patrie! Nous le jurons tous, tu vivras! Tu vivrás toujours grande et belle Et ton invincible unité Aura pour devise immortelle: Le Roi, la Loi, la Liberté! En neerlandés: O dierbaar België O heilig land der vaad'ren Onze ziel en ons hart zijn u gewijd. Aanvaard ons hart en het bloed van onze adren, Wees ons doel in arbeid en in strijd. Bloei, o land, in eendracht niet te breken; Wees immer u zelf en ongeknecht, Het woord getrouw, dat ge onbevreesd moogt spreken: Voor Vorst, voor Vrijheid en voor Recht! A súa tradución ó galego sería: Oh Bélxica querida Para ti os nosos corazóns, brazos e sangue, patria sagrada! Todos xuramos que vivirás, vivirás por sempre, grande e fermosa! Oh terra, de unidade inquebrantable! Sé sempre ti mesma unida. O teu lema é falado inmortalmente: Polo Rei, pola Lei, e pola Liberdade.

Véxase tamén Ligazóns externas Les Arquebusiers Historia, versións (texto e son) e ilustracións 15px Arquivos de son Himno Nacional de Bélxica instrumental Himno Nacional de Bélxica instrumental (mellor) Helmut Lotti canta La Brabançonne en francés, neerlandés e alemán

Brabançonne Categoría:Símbolos de Bélxica