Achtung Baby é o sétimo álbum de estudio da banda irlandesa U2, editado o 19 de novembro de 1991. O álbum marca un cambio drástico no son da banda, collendo moitas influencias electrónicas nos ritmos, tendo unha produción máis detallada e máis efectos de guitarra, así como un contido nas letras máis escuro e persoal.

Achtung Baby foi colocado no número 63 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos". No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o cuarto mellor álbum dos anos 90.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de U2 Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums producidos por Brian Eno Categoría:Álbums producidos por Daniel Lanois Categoría:Álbums de Island Records