Morphine foi un grupo de rock alternativo formado por Mark Sandman e Dana Colley en Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos, en 1989. Morphine combinaba na súa música elementos de blues e jazz con arranxos de rock máis tradicionais, o que proporcionaba á banda un son pouco común. Cando os xornalistas lles preguntaban os membros do grupo como describirían a súa música, eles empregaban o termo “low-rock”.

O seu primeiro álbum Good gravouno a compañía Rykodisc en 1991, proporcionando a Morphine unha audiencia non moi grande, mais moi fiel. Tras o seu primeiro disco, publicaron Cure for Pain en 1993, que os levou a se converteren nunha banda de culto, con cancións como Buena e Thursday. O disco foi tivo moita aceptación na comunidade de rock independente e a través dalgunhas radios estadounidenses de ámbito universitario. Aínda para Rykodisc, editarían Yes outro disco gravado en estudio en 1995, e B-sides and Otherwise, un disco en directo gravado en 1997.

Tras facer unha xira polos Estados Unidos, Europa, Xapón e Australasia, a banda cambiou de compañía, pasándose en 1996 a Dreamworks Records, gravando para eles Like Swimming, un álbum con moito éxito, aínda que non tanto como se esperaba.

O 3 de xullo de 1999, Sandman sufriu un ataque cardíaco no escenario de Giardini del Principe en Palestrina (nas proximidades de Roma) cando tiña 46 anos. O derradeiro álbum da banda, gravado antes da morte de Sandman, foi editado no ano 2000 e recibiu o nome de The Night.

Integrantes

Mark Sandman - baixo de dúas cordas, voz, teclado, tritar, guitarra e piano Dana Colley - saxo barítono, saxo tenor, saxo dobre, triángulo Billy Conway - batería Jerome Deupree - batería

Discografía Good - 1992 (Accurate) Cure for Pain - 1993 Yes - 1995 Like Swimming - 1997 B-sides and Otherwise - 1997 The Night - 2000 Bootleg Detroit - 2000 The Best of Morphine: 1992-1995 - 2003

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de Massachusetts Categoría:Grupos musicais formados en 1989 Categoría:Grupos musicais separados en 1999