Le Glamour Grotesque é un grupo musical galego.
Traxectoria Naceu como un proxecto individual de Marcos Payno, paralelo ao seu traballo noutros grupos. En 2006 fixo un EP de cinco temas de música electrónica titulado Vinte e cinco, dedicado á Revolución do 25 de abril. Nese mesmo ano o proxecto evolucionou cara a un desenvolvemento colectivo, coa incorporación de Denís Mutante (voces), Abraham "el niño" (guitarra) e Manuel Payno (trompeta). Con esa formación lanzaríase, tamén no 2006 o disco Dangerous Club. Até o de agora todos os lanzamentos de Le Glamour Grotesque foron no selo A Regueifa Plataforma, en formato mp3 e baixo licenza Creative Commons.
O estilo desenvolvido é de música electrónica, tocando todos os seus estilos e cunha vontade lúdica e experimental.
Notas
Categoría:Grupos musicais da Estrada Categoría:Música electrónica