O 9 de xullo é o 190º día do ano do calendario gregoriano e o 191º nos anos bisestos. Quedan 175 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1540 - Henrique VIII de Inglaterra obtivo a nulidade do matrimonio coa súa cuarta esposa Ana de Cleves. 1762 - Catarina a Grande convértese en emperatriz de Rusia tras un golpe contr o seu marido, Pedro III 1816 - Arxentina declara a súa independencia de España. 1850 - O presidente estadounidense Zachary Taylor falece tras comer froita crúa e leite xeado; é sucedido polo vicepresidente Millard Fillmore. 1877 - Comeza a edición inaugural do campionato de Wimbledon. 1922 - Johnny Weissmuller nada os 100 metros en estilo libre en 58.6, superando o récord do mundo e rompendo a "barreira do minuto". 1993 - O parlamento do Canadá aproba a Nunavut Act que levará a creación de Nunavut en 1999. 2002 - Establécese a Unión Africana, substituíndo a Organización para a Unidade Africana.

Nacementos miniatura|100px|Elias Howe. 1819 - Elias Howe, inventor estadounidense. 1834 - Jan Neruda, escritor checo (n. 1891). 1887 - Emilio Mola, militar español. 1895 - Fuco Gómez, escritor e político galego. 1911 - John Archibald Wheeler, físico estadounidense. 1927 - David Mandessi Diop escritor francés.(m.1960) 1933 - Oliver Sacks, neurólogo e escritor inglés. 1935 - Mercedes Sosa, cantante arxentina (m. 2009). 1944 - Dorotea Bárcena, actriz e directora de teatro galega. 1956 - Carlos Fernández Castro, político galego. 1956 - Tom Hanks, actor estadounidense. 1964 - Courtney Love, roqueira e actriz estadounidense. 1975 - Jack White, músico de rock estadounidense. 1976 - Fred Savage, actor dos Estados Unidos. 1976 - Francisco Noguerol, futbolista galego. 1978 - Isaac Xubín, escritor e tradutor galego.

Mortes miniatura|100px|Amedeo Avogadro. 1746 - Filipe V, rei de España (n. 1683). 1797 - Edmund Burke, estadista, filósofo e político irlandés (n. 1729). 1848 - Jaime Balmes, filósofo e teólogo español (n. 1810). 1854 - Antonio Neira de Mosquera, xornalista e escritor galego (n. 1823). 1856 - Amedeo Avogadro, físico italiano (n. 1776). 1934 - Xulián Magariños, escritor galego (n. 1904). 1937 - Luís Nodar Castro, político galego (n. 1910) 1962 - Georges Bataille, escritor e filósofo francés (n. 1897). 1963 - Roxelio Pérez González, mestre e pedagogo galego (n. 1897). 1980 - Vinícius de Moraes, poeta e compositor brasileiro (n. 1913). 2007 - Elixio Rodríguez, destacado galeguista (n. 1910). 2008 - David Ausubel, psicólogo e pedagogo estadounidense (n. 1918). 2022 - Basilio Losada, tradutor, crítico literario e catedrático galego (n. 1930).

Festas e celebracións Arxentina: Día da Independencia (festivo nacional) Día da Independencia en Sudán do Sur

Outros Santoral: Santa Verónica Giuliani.

Os 366 días do ano

09