Os libros arden mal é unha novela en lingua galega de Manuel Rivas, publicada por Edicións Xerais en xuño de 2006.

Argumento

O libro conta a historia colectiva dos protagonistas en agosto de 1936, na Dársena da Coruña e de como a guerra civil española trastornou as súas vidas e a dos seus descendentes. Desde ese momento, o país divídese en dous bandos: o dos vencedores e o dos vencidos.

Vicente Curtis, Hércules, lembra mentres observa as lapas onde arden os libros, os días previos ao inicio da guerra, cando preparaban a excursión aos Caneiros cos seus amigos: Luis Terranova (irresistible cantante de tangos), Arturo da Silva (heroe do boxeo), Anceis (o gran poeta do mar), Leica (o fotógrafo), Polca...

Ao outro lado das fogueiras atópanse os que se mancharon as mans ao prender o fogo no que queimaron os libros espoliados de varias Bibliotecas da Coruña. O novo Samos, futuro xuíz, grande amante dos libros; Ren, executor do novo totalitarismo fanático espoliador; os soldados que asumiron a nova orde fascista...

Os descendentes dos protagonistas intentan entender por si mesmos o significado e as consecuencias da guerra. Son eles os que terán que recordarlles aos seus propios fillos os sucesos ocorridos naquelas datas. Gabriel, fillo de Ricardo Samos e Chelo Vidal, é un neno sensíbel e observador que vai comprendendo todo ao longo dos anos a través dos libros do xuíz, entre os que se atopan algúns rescatados das cinzas. O anarquista Polca deposita nos seus fillos, Ó e Pinche, todo o amor á terra, os costumes e a sabedoría dos devanceiros, así como forza para manterse en pé.

Estrutura Rivas opta pola técnica do fragmentarismo aclimatada pola novela rupturista da centuria pasada. É unha esfera de xéneros, dunhas 600 páxinas, onde arredor do núcleo narrativo xiran a poesía, o relato histórico, o ensaio e a crónica.

A copiosa substancia anecdótica estrutúrase en noventa capítulos, algúns moi breves, que presentan os sucesos e personaxes de forma abrupta e por mediación de distintas voces. Hai mencións a feitos e referencias históricas protagonizadas por personaxes reais como García Lorca, Ánxel Casal, Santiago Casares Quiroga, Francisco Franco, Manuel Fraga e Carl Schmitt, entre outros.

Premios VII Premio Libro del Año 2006: O Gremio de Libreiros de Madrid outorgoulle o galardón destacando na acta que

Premio Antón Losada Diéguez 2007, modalidade literaria (organizado este ano polo Concello do Carballiño): O xurado outorgoulle por maioría o premio por destacar segundo a acta XXX Premio da Crítica-Galicia 2007 Na acta recóllese que o corpo narrativo da novela constitúe un universo que conxuga a fermosura literaria das súas páxinas cuns eixes temáticos e emocionais que nos enfrontan coas coordenadas do fascismo hispano e europeo e invita a unha reflexión inevitable. Premio da Crítica Española 2006 dentro do apartado de galego na modalidade de narrativa: O xurado dos Premios saudou a novela de Rivas como Premios da Asociación Galega de Editores : Premio Anxel Casal ao libro do 2006 e Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor/-a do 2006. XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (libro do ano) 2007.

Traducións Ao castelán por Dolores Vilavedra co título de Los libros arden mal publicado en 2006 por AlfaguaraFicha en BiTraGa.Imaxe, baseada nun cadro de Francisco Miguel, da capa da tradución ao castelán.. Ao catalán por Lluís Felip i Aced co título de Els llibres fan de mal cremar publicado en 2006 por Edicions 62, Col. El balancíFicha en BiTraGa.. Ao francés por Serge Mestre co título de L'éclat dans l'abîme. Mémoires d’un autodafé publicado en 2008 por Éditions Gallimard, Col. Du monde entierFicha en BiTraGa.. Ao italiano por Enrico Passoni co título de I libri bruciano male publicado en 2009 por Feltrinelli, Col. I NarratoriFicha en BiTraGa.. Ao inglés por Jonathan Dunne co título de Books Burn Badly publicado en 2010 por Harvill Secker (selo de Random House)Ficha en BiTraGa."Unha novela excepcional escrita por un autor excepcional”, así gaba a prensa inglesa a Manuel Rivas.

Notas

Categoría:Obras literarias de 2006 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Guerra civil española en Galicia Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Manuel Rivas Categoría:Obras sobre a guerra civil española