Os illotes María, ou tamén illas Hull, forman un atol deshabitado das illas Austrais, na Polinesia Francesa. Está situado a 205 km ao noroeste de Rimatara e a 325 km ao leste de Mangaia, unha das illas Cook.
É un atol pequeno formado por catro illotes (îles) cunha pouco profunda lagoa triangular, fogar de numerosas especies de aves. As catro illas son: Île du Sud, Ile Centrale, Île de l'Ouest e Île du Nordet. Dous illotes dependen da comuna de Rimatara e os outros dous de Rurutu. É a formación xeolóxica máis antiga das illas Austrais. A superficie total é de 1´3 km². Os illotes teñen unha vexetación densa, practicamente endémica.
Foi descuberto polo inglés Hiram Paulding en 1827. As illas están deshabitadas agora, pero durante un tempo foron utilizadas como colonia penal. Ocasionalmente colléitase Copra na illa.
Os Illotes María non se deben confundir co atol María. Atol das Illas Gambier, tamén na Polinesia francesa, que ás veces se diferenciou co nome de "Atol María Leste". Tamén hai outra illa unha vez coñecida como a illa Hull nas Illas Fénix, que agora se coñece como Orona.
Historia
Segundo a lenda da Polinesia, a illa deshabitada foi descuberta polo Xefe Ama'itera'i de Rurutu na antigüidade. Foi destinado a lugar de exilio polo rei Teuruarii IV e a súa nai e rexente Taarouru. A illa tamén foi reivindicada polo reino da illa veciña de Rimatara. A disputa territorial non se resolvería ata 1937, cando dous dos catro atois foron repartidos para cada parte.
Este atol recibe o nome do baleeiro María, que viu a illa en 1824, estaba capitaneado por George Washington Gardner, un capitán de Nantucket (1778-1838).Dunmore, John (1992); Who's Who in Pacific Navigation, Australia:Melbourne University Press, ISBN 0-522-84488-X, pp114-115
Administración O atol Illotes María forma parte administrativamente comuna (municipio) de Rimatara nas Tubuai división da Polinesia Francesa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas - from OceanDots
Categoría:Atois da Polinesia Francesa