O 10 de xaneiro é o 10º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 355 días para finalizar o ano, 356 nos anos bisestos.

Acontecementos 49 a. C. - Xulio César cruza o río Rubicón, marcando o inicio da segunda guerra civil da República romana. 1072 - O normando Roberto Guiscardo conquista Palermo. 1474 - Na localidade de Delft, na Holanda Meridional, publícase a Biblia de Delft, a primeira en lingua neerlandesa. 1514 - En España publícase a Biblia Complutense, a primeira edición multilingüe. 1601 - A Corte de Filipe III de España trasládase de Madrid a Valladolid, conforme unha orde oficial do día anterior. 1806 - Na Cidade do Cabo (Suráfrica), os Países Baixos réndense a Inglaterra. 1810 - O matrimonio entre Napoleón Bonaparte e Josephine de Beauharnais é anulado. 1861 - Na guerra civil estadounidense, Florida sepárase da Unión. 1863 - Inaugurada a primeira liña do Metro (tren subterráneo) de Londres 1880 - Na montaña de Cucaracha (Panamá) estala a primeira carga de dinamita que tiña de derrubar as cordilleiras do istmo para dar paso as augas polo interoceánico Canal de Panamá. 1889 - Francia ocupa Costa do Marfil. 1920 - A Liga das Nacións (precursora da ONU) reúnese por primeira vez e ratifica o Tratado de Versalles. Remata a primeira guerra mundial. 1922 - En Irlanda, Arthur Griffith é escollido presidente do Estado Libre de Irlanda. 1923 - Lituania ataca e anexa a cidade de Klaipeda (Memel en alemán). 1929 - Comeza a publicación das Aventuras de Tintín, de Georges Remi (Hergé). A primeira aventura foi "Tintín no país dos Soviets". 1941 - En Berlín, a Unión Soviética e Alemaña asinan un pacto que delimita as novas fronteiras entre os dous países. 1942 - Xapón invade Indonesia. 1945 - En Londres, o rei Xurxo VI inaugura solemnemente os traballos preparatorios da Organización das Nacións Unidas. 1946 - En Londres inaugúrase a Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Están representadas cincuenta e unha nacións. 1946 -Mao Tse Tung e Chiang Kai-shek declaran o alto o fogo na China trala mediación do presidente estadounidense Harry S. Truman. 1962 - Nos EUA a NASA anuncia os seus plans de construír un foguete Saturn V para a súa Misión Apolo. 1964 - Panamá rompe relacións diplomáticas cos Estados Unidos. 1973 - O cineasta español Luis Buñuel é galardoado en Hollywood co Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa por O discreto engado da burguesía. 1985 - En Nicaragua, Daniel Ortega toma posesión da presidencia. 1989 - En Angola, as tropas cubanas comezan a retirarse. 1995 - O rei de España, Juan Carlos I e o expresidente dos Estados Unidos, Jimmy Carter obteñen o Premio da Paz da UNESCO. 1997 - Arnoldo Alemán toma posesión da presidencia de Nicaragua.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Francesc Ferrer i Guàrdia. miniatura|100px|dereita|Katharine Burr Blodgett 1538 - Luis de Nassau, xeneral holandés (m. 1574). 1769 - Michel Ney, mariscal francés (m. 1815). 1859 - Francesc Ferrer i Guàrdia, pedagogo e librepensador catalán (m. 1909). 1880 - Manuel Azaña, presidente da Segunda República Española (m. 1940). 1883 - Aleksei Nikolaevich Tolstoi, escritor ruso (m. 1945). 1892 - César Alvajar, escritor, xornalista e político galego (m. 1965). 1893 - Vicente Huidobro, poeta chileno (m. 1948). 1898 - Katharine Blodgett, inventora estadounidense e primeira doutora en Física por Cambridge. 1920 - Miguel Anxo Araúxo Iglesias, bispo e escritor (m. 2007). 1924 - Eduardo Chillida, escultor español (m. 2002). 1936 - Robert Woodrow Wilson, científico estadounidense, Premio Nobel de Física en 1978. 1945 - Rod Stewart, cantante e músico escocés. 1947 - Afeni Shakur, membro do Partido Pantera Negra e nai de Tupac Shakur. 1948 - Mischa Maisky, violonchelista israelí de orixe letoa. 1949 - George Foreman, boxeador estadounidense. 1956 - Antonio Muñoz Molina, escritor español. 1956 - Suso de Toro escritor galego. 1973 - Iker Jiménez, xornalista vasco. 1985 - Martiño Rivas, actor galego.

Mortes miniatura|100px|dereita|Carl von Linné. miniatura|100px|dereita|Coco Chanel

1276 - Gregorio X, papa e santo italiano (n. 1276). 1778 - Carl von Linné, botánico sueco (n. 1707). 1862 - Samuel Colt, inventor do revólver que leva o seu nome (n. 1814). 1917 - Buffalo Bill, showman estadounidense (n. 1845). 1940 - Guillermo Vicente Santiago, industrial, xornalista e político galego (n. 1896). 1951 - Sinclair Lewis, escritor estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1930 (n. 1885). 1957 - Gabriela Mistral, poetisa chilena, Premio Nobel de Literatura en 1945 (n. 1889). 1960 - Xohán Casal, escritor galego (n. 1935). 1961 - Dashiell Hammett, escritor estadounidense (n. 1894). 1971 - Coco Chanel, deseñadora francesa (n. 1883). 1985 - Anton Karas, compositor e intérprete de cítara vienés (n. 1906). 1985 - Mary Kenneth Keller, pioneira estadounidense da informática (n. 1913). 1986 - Jaroslav Seifert, escritor checoslovaco e Premio Nobel de Literatura en 1984 (n. 1901). 1997 - Alexander R. Todd, químico escocés, Premio Nobel de Química en 1957 (n. 1907). 2007 - Carlo Ponti, produtor de cine italiano, marido de Sophia Loren (n. 1912). 2011 - Juanito Navarro, actor español (n. 1924). 2016 - David Bowie, cantante inglés (n. 1947). 2017 - Gonzalo Puente Ojea, escritor e diplomático español (n. 1924).

Festas e celebracións

Festas cristiás Na Igrexa Católica Santo Agatón, papa San Gonzalo de Amarante, confesor San Pedro Orseolo

Outros

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro