O 26 de xaneiro é o 26º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 339 días para finalizar o ano, 340 nos anos bisestos.

Acontecementos 1841 - O Reino Unido ocupa Hong Kong. 1926 - John Logie Baird realiza a primeira demostración pública dun sistema de televisión. 1937 - Fusilados en Pontevedra os republicanos de Vila de Cruces Primo López Rivadulla, Manuel Sarmiento Debén, Eduardo Brea Cajide e Antonio Gómez López. 1939 - Na guerra civil española, tropas de Franco, axudadas por tropas de Italia e Alemaña ocupan Barcelona 2005 - Michael E. Brown, Chad Trujillo, David Rabinowitz, e o seu grupo de colaboradores descobren a lúa do planeta anano Haumea, Hiʻiaka. 2005: Catalina Sandino convértese na primeira colombiana en ser candidata ao Óscar como mellor actriz. 2012 - Celébrase en Santiago de Compostela a XIII Asemblea Nacional do BNG.

Nacementos miniatura|100px|Helvetius. 1715 - Claude-Adrien Helvetius, filósofo francés. 1795 - Policarpa Salavarrieta, costureira neogranadina que espiou para as Forzas Revolucionarias durante a Reconquista do Vicerreinado de Nova Granada 1826 - Manuel Soto Freire, xornalista e editor galego (m. 1897). 1865 - Sabino Arana, pai do nacionalismo vasco. 1880 - Douglas MacArthur, xeneral estadounidense (m. 1964). 1884 - Edward Sapir, lingüista estadounidense (m. 1939). 1904 - Seán MacBride, político irlandés, Premio Nobel da Paz en 1974. 1905 - Maria von Trapp, coñecida polas súas actuacións cos cantores da familia Trapp, historia en que se baseou a película Sorrisos e lágrimas en 1965. (m. 1987) 1906 - Luis Pintos Fonseca, pintor e gravador galego (m. 1959). 1908 - Stéphane Grappelli, violinista francés de jazz (m. 1997). 1911 - Polykarp Kusch, físico nado en Alemaña, Premio Nobel de Física en 1955. 1918 - Nicolae Ceauşescu, ex-ditador de Romanía (executado en 1989). 1918 - Philip José Farmer, escritor estadounidense de ficción científica e fantasía (m. 2009). 1925 - Paul Newman, actor e director de cine estadounidense. 1935 - Isaac Alonso Estraviz, lexicógrafo galego. 1935 - Paula Rego, pintora e ilustradora portuguesa. 1943 - Luiz Carlos Prates, psicólogo, ensaísta e xornalista brasileiro. 1944 - Angela Davis, activista e política norteamericana. 1951 - Cesáreo Sánchez Iglesias, escritor galego. 1955 Francisco Salinas Portugal, estudoso da literatura galega. Eddie Van Halen, guitarrista (m. 2020). 1974 - Eulalia Agrelo Costas filóloga e ensaísta galega.

Mortes miniatura|100px|Théodore Géricault. miniatura|100px|Kobe Bryant. 1823 - Edward Jenner, médico británico que desenvolveu a vacina antivariólica. 1824 - Théodore Géricault, pintor francés. 1855 - Gérard de Nerval, escritor francés. 1895 - Arthur Cayley, matemático británico. 1935 - José Sánchez Guerra, político español (n. 1859). 1938 - Zitkala-Ša, escritora, editora, música, mestra e activista síux. 1946 - Adriaan van Maanen, astrónomo neerlandés-estadounidense (n. 1884). 1972 - Harry S. Truman, presidente estadounidense. 1973 - Edward G. Robinson, actor estadounidense. 1977 - Howard Hawks, director de cine estadounidense. 1980 - Andrés Saborit, dirixente socialista español. 1986 - Pucho Boedo, cantante galego. 2003 - Hugh Trevor-Roper, historiador británico (n. 1914). 2020 - Kobe Bryant, xugador de baloncesto estadounidense (n. 1978).

Festas e celebracións En Australia, Día de Australia.

Outros Santoral: San Timoteo, San Tito, Santa Paula.

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro