Nélson Évora, nado o 20 de abril de 1984 en Abixán (Costa do Marfil), é un atleta portugués, especialista en triplo salto.

Traxectoria deportiva En 2001 competiu por primeira vez a nivel internacional representando a Cabo Verde (onde viviu os primeiros anos da súa vida), durante o Festival Olímpico da Mocidade Europea. Pero non é ata 2003 cando empeza a colleitar triunfos de importancia, xa representando a Portugal, cando se coroa como campión de Europa júnior en salto de lonxitude e triplo salto nos campionatos celebrados en Tampere (Finlandia).

En 2004, xa centrado no triplo salto, consegue o bronce nos Europeos sub-23 de Erfurt (Alemaña) e consegue a mínima para os Xogos de Atenas, se ben non se cualifica para a final. En 2005 participa nos mundiais de 2005 en Helsinqui (14º, fóra da final), e ao ano seguinte, nos mundiais de 2006 en pista cuberta, celebrados en Moscova, acada a sexta praza, mentres que nos europeos dese ano en Gotemburgo queda cuarto no triplo (17,07 m) e sexto en lonxitude (7,91 m). Nos europeos de pista cuberta de 2007, en Birmingham, quedou quinto no triplo logo de lesionarse no primeiro salto.

A consagración chegoulle o 27 de agosto de 2007 ao acadar o título de campión do mundo de triplo nos mundiais de Osaca, en 2007, cunha marca de 17,74 m, que supuña récord de Portugal. Malia estar seleccionado na proba de salto de lonxitude, non chegou a competir na rolda de clasificación para descansar e prepararse para a Golden League.

Milita no Benfica de Lisboa e posúe o récord portugués de triplo e de lonxitude, batendo as súas propias marcas varias veces. Tamén conserva os récords caboverdianos destas especialidades, obtidos en 2002. Resultados AnoCompeticiónLugarPostoMarca2002Campionato Mundial JúniorKingston6º en Triplo15.87 m.2003Campionato Europeo JúniorTampere1º en Triplo1º en Longitud16.43 m.2004Campionato Mundial IndoorBudapestEliminado16.30 m.2004Xogos OlímpicosAtenasEliminado15.72 m.2005Campionato MundialHelsinquiEliminado16.60 m.2006Campionato Mundial IndoorMoscova6º en Triplo17.14 m.2006Campionato EuropeoGotemburgo4º en Triplo6º en Longitud17.07 m.2007Campionato Europeo IndoorBirmingham5º en Triplo16.97 m.2007Campionato MundialOsaka1º en Triplo17.74 m.2007Final Mundial da IAAFStuttgart3º en Triplo17.30 m.2008Campionato Mundial IndoorValencia3º en Triplo17.27 m.2008Xogos OlímpicosPequín1º en Triplo17.67 m.2009Campionato MundialBerlín2º en Triplo17.55 m.

Datos persoais É crente da relixión bahaísta.

Entre 2016 e 2021 foi parella da triplista ribeirá Ana Peleteiro. Anos despois de o deixaren, Peleteiro falou publicamente da relación, relatando prácticas tóxicas de abusos e intentos de violacións. O atleta portugués negou que fose el e ameazou con denuncias a quen o sinalase.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Official Website: https://web.archive.org/web/20080326195711/http://www.nelson-evora.com/

Categoría:Saltadores de lonxitude Categoría:Atletas olímpicos de Portugal Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Abidjan Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008