A illa Sombrero é unha illa que forma parte da dependencia de Anguila, no mar Caribe. Atópase afastada do resto das illas principais, ao extremo noroeste da illa de Anguila. Ten unha área de 0´38 km² e atópase deshabitada.
O único punto de acceso está no leste da illa, e é unha escaleira metálica que salva o cantil duns 10 m de altura. Arriba hai unhas cantas construcións e dous faros en ruínas. Durante 30 anos extraeuse guano, e as construcións corresponden ás que se usaron para este fin. Actualmente hai un faro ou baliza automático.
Non ten vexetación e é unha roca moi difícil de transitar. Hai aves e lagartos. Na zona oeste hai unha gruta accesible (gruta remigio). Non dispón de ancoradoiro seguro ningún.
Categoría:Illas do Caribe Categoría:Illas do Reino Unido Categoría:Illas da Anguila Categoría:Illas deshabitadas