Os cilenos (en ) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que ocupaba o territorio que media entre os ríos Ulla e Lérez, no territorio costeiro norte da actual provincia de Pontevedra. Tolomeo, Hidacio e Plinio o Vello consideraron que o núcleo ou capital deste territorio era Aquae Celenae ("pobo das augas cilenas"), lugar que hoxe podería corresponderse coa vila actual de Caldas de Reis.
Plinio sitúaos entre os helenos, polo sur, e os praestamarcos, polo norte.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas Bibliografía
Categoría:Galaicos Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia