Dustin Lee Hoffman, nado o 8 de agosto de 1937 nos Ánxeles, é un actor estadounidense.
Traxectoria miniatura|Dustin Hoffman. Nun principio quixo ser médico, polo que estudou esta carreira universitaria. Con todo, durante os estudos decatouse de que quería ser actor, e comezou a actuar na Pasadena Playhouse nos Ánxeles, un teatro e unha escola de interpretación prestixiosa. Alí coincidiu con Gene Hackman, outro alumno que se convertería nun grande actor. Cando adquirira xa unha formación básica como intérprete, decidiu ir a Nova York para probar sorte no teatro.
En Nova York Hoffman tivo que realizar varios traballos pouco convencionais para gañarse a vida. Nunha ocasión conseguiu un papel pequeno nunha película para a televisión, e durante un verán foi de xira cunha compañía teatral de segunda orde. Hoffman desanimouse e dedicouse a dar clases durante un tempo. Por fin, en 1960 ofrecéronlle un papel nunha obra teatral, e ó ano seguinte actuou noutra. A pesar diso non tiña ingresos suficientes, polo que realizou de novo toda clase de traballos. Durante varios anos deixou o teatro e apuntouse á famosa escola de interpretación Actor's Studio, onde se formou como actor de método. miniatura|200px|esquerda|Hoffman nunha imaxe de 1989 En 1967 cambiou a sorte para Hoffman. Conseguiu o seu primeiro papel no cine, aínda que foi pequeno. Interveu tamén nunha comedia teatral, onde Mike Nichols o veu e decidiu ofrecerlle o papel principal en O graduado. Aínda que xa tiña 30 anos, Hoffman foi moi convincente no papel dun mozo que acababa de rematar os seus estudos universitarios. Conseguiu un nomeamento ó Oscar e, o que foi máis importante, converteuse da noite para a mañá nun actor extremadamente popular, sobre todo ante as audiencias xuvenís. Só dous anos despois, Hoffman repetiu o éxito, cando interveu xunto con Jon Voight en Cowboy de medianoite, película pola que obtivo a súa segunda nomeamento ó Oscar.
As seguintes películas que fixo Hoffman foron na súa maioría éxitos destacados. As súas interpretacións eran igual de boas en papeis cómicos que en papeis dramáticos. Coas películas Kramer contra Kramer e Rain Man gañou dous Oscar.
En 1974 volveu ó teatro, e cultivou tamén éxitos. Tamén interveu en películas e mini-series para a televisión, aínda que a súa prioridade foi sempre o cine.
Hoffman casou por primeira vez en 1969 e o matrimonio durou once anos. Volveu casar en 1980. Ten catro fillos do seu actual matrimonio, e unha filla da súa primeira esposa.
Filmografía Kung Fu Panda (2008) Mr. Magorium's Wonder Emporium (2007) Das Parfum – Die Geschichte eines Mörders (2006) Stranger Than Fiction (2006) Car Wars (2006) (actualmente en pre-produción) The Berkeley Connection (2006) Racing Stripes (2005) (voz) The Lost City (2005) Unha serie de sucesos desafortunados, de Lemony Snicket (2004) (aparición) Meet the Fockers (2004) Finding Neverland (2004) Runaway Jury (2003) Confidence (2003) Moonlight Mile (2002) The Messenger: The Story of Joan of Arc (1999) Sphere (1998) Wag the Dog (1997) Mad City (1997) Sleepers (1996) American Buffalo (1996) Outbreak (1995) Hero (1992) Hook, o capitán Garfo (1991) Billy Bathgate (1991) Dick Tracy (1990) Family Business (1989) Rain Man (1988) Ishtar (1987) Tootsie (1982) Kramer contra Kramer (1979) Agatha (1979) Straight Time (1978) Marathon Man (1976) Tódolos homes do presidente (1976) Lenny (1974) Papillon (1973) Alfredo, Alfredo (1972) Cans de palla (1971) Who Is Harry Kellerman and Why Is He Saying Those Terrible Things About Me? (1971) Little Big Man (1970) John and Mary (1969) Cowboy de medianoite (1969) Sunday Father (1969) Madigan's Millions (1969) O graduado (1967) The Tiger Makes Out (1967)
Premios
Oscars
Ano Categoría Película Resultado1997Oscar ó mellor actorWag the DogCandidato1988Oscar ó mellor actorRain ManGañador1982Oscar ó mellor actorTootsieCandidato1979Oscar ó mellor actorKramer contra KramerGañador1974Oscar ó mellor actorLennyCandidato1969Oscar ó mellor actorCowboy de medianoiteCandidato1967Oscar ó mellor actorO graduadoCandidato
Globos de Ouro
Ano Categoría Película Resultado1998Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalWag the DogCandidato1997Premio Cecil B. DeMilleGañador1992Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalHookCandidato1989Globo de Ouro ó mellor actor - DramaRain ManGañador1986Globo de Ouro ó mellor actor en miniserie ou película feita para a televisiónDeath of a SalesmanGañador1983Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalTootsieGañador1980Globo de Ouro ó mellor actor - DramaKramer contra KramerGañador1977Globo de Ouro ó mellor actor - DramaMarathon ManCandidato1975Globo de Ouro ó mellor actor - DramaLennyCandidato1970Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalJohn and MaryCandidato1970Globo de Ouro ó mellor actor - DramaCowboy de medianoiteCandidato1968Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musicalO graduadoCandidato1968Globo de Ouro á nova estrela do ano - ActorO graduadoGañador
Véxase tamén
Ligazóns externas Classic Movies (1939 - 1969): Dustin Hoffman
Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Óscar ó mellor actor