Ponte na Raia, sobre o Miño. Comunica as vilas de Valença e Tui|miniatura|250px No Tratado de Lisboa, tamén coñecido como Tratado de Lindes de Lisboa, asinado o 29 de setembro de 1864, establecéronse os lindes das fronteiras entre España e Portugal actualmente vixentes.

Contido Neste tratado firmouse a desaparición do Couto Mixto, que quedou integrado en España a cambio dos Pobos promiscuos (aldeas nas que parte das súas casas estaban situadas na antiga liña fronteiriza hispano-portuguesa servindo de burladeiro aos seus moradores perante as autoridades gobernativas e alfandegarias de ámbolos dous países, ao non estar clara a súa pertenza exclusiva a un deles) de Cambedo, Soutelinho da Raia e Lama de Arcos, que se cederían a Portugal. O tratado foi ratificado por España e Portugal en 1865. O documento de entrega e posesión formalizouse en Santiago (Calvos de Randín) o 23 de xuño de 1868. A vixencia do tratado comezou o 5 de novembro de 1868.

Artigos

Artigo 1º: Fronteira entre a foz do río Miño e a confluencia do río Trancoso ou Barxas Artigo 2º: Fronteira entre a confluencia do río Trancoso ou Barxas e a Portela do Pau Artigo 3º: Fronteira entre a Portela do Pau e o río Castro Artigo 4º: Fronteira entre o río Castro e a Cruz dos Touros Artigo 5º: Fronteira entre a Cruz dos Touros e o Marco do Pisco Artigo 6º: Fronteira entre o Marco do Pisco e as Pedras de Malrandín Artigo 7º: Fronteira entre as Pedras de Malrandín e o Porto de Bancelos Artigo 8º: Fronteira entre o Porto de Bancelos e o Outeiro de Maria Sacra Artigo 9º: Fronteira entre o Outeiro de Maria Sacra e a Ponte de Assureira Artigo 10º: Fronteira entre a Ponte de Assureira e o Vale de Ladera Artigo 11º: Fronteira entre o Vale de Ladera e o Outeiro de Castelo Ancho Artigo 12º: Fronteira entre a Outeiro de Castelo Ancho e a Cabeça de Peixe Artigo 13º: Fronteira entre a Cabeça de Peixe e o Portelo do Cerro de Esculqueira Artigo 14º: Fronteira entre o Portelo do Cerro de Esculqueira e o Penedo dos Tres Reinos Artigo 15º: Fronteira entre o Penedo dos Três Reinos e a Penha da Formiga Artigo 16º: Fronteira entre a Penha da Formiga e o Poço da Olha Artigo 17º: Fronteira entre o Poço da Olha e as Três Marras Artigo 18º: Fronteira entre as Três Marras e o Moinho da Nave Cerdeira Artigo 19º: Fronteira entre o Moinho da Nave Cerdeira e o Barrocal das Andorinhas Artigo 20º: Fronteira entre o Barrocal das Andorinhas e a Gingeira ou Curral das Colmeias Artigo 21º: Fronteira entre a Gingeira e o Pego da Negra Artigo 22º: Fronteira entre o Pego da Negra e o Marco de Badaxoz Artigo 23º: Fronteira entre o Marco de Badaxoz e a confluencia do río Caia co río Guadiana Artigo 24º: sobre a colocación dos marcos da fronteira Artigo 25º: sobre a permanencia dos marcos Artigo 26º: sobre a Illa Canosa no río Miño Artigo 27º: sobre a nacionalidade dos habitantes dos pobos promiscuos e do Couto Mixto Artigo 28º: sobre o uso dos cursos de auga, camiños e fontes comúns Artigo 29º: sobre as aprensións de gandos Artigo 30º: sobre a prevalencia en relación a outros actos Artigo 31º: sobre a ratificación polos soberanos dos dous países

Anexos Anexo I: Regulamento relativo ós ríos limítrofes entre ámbalas dúas nacións Anexo II: Regulamento sobre aprensións de gandos

Véxase tamén

Ligazóns externas Texto do tratado.

Lisboa, Tratado de Categoría:Relacións internacionais de España Categoría:Relacións internacionais de Portugal Categoría:1864