Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.
Traxectoria miniatura|Caricatura de Carlos Negro. Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces). Foi secretario da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (2004). Recoñecementos
En xuño de 2018 gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil con Aplicación instantánea. O xurado destacou da obra que "ante presenza das pantallas e da tecnoloxía, a sociedade actual precisa máis ca nunca a poesía. Por iso o xurado valora desta obra, entre outros aspectos: a orixinalidade, a calidade literaria, a forza da linguaxe e a súa riqueza, a posta en valor da figura feminina e o seu apoderamento, así como da cultura e lingua galegas".
Vida persoal
É irmán do artista plástico Álvaro Negro e da filóloga Marta Negro Romero.
Obras Poesía As laranxas de alí babá (1998). Letras de Cal. Far-west (2001). Xerais. Héleris (2003). Espiral Maior. VII Premio de poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Cultivos transxénicos (2008). Instituto de Estudos Miñoranos, I Premio de Poesía Victoriano Taibo. Makinaria (2009). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9782-553-5. Penúltimas tendencias (2014). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9914-607-2. Masculino singular (2016) Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-9914-982-0. Tundra (2017). Espiral Maior. Aplicación instantánea (2018), Xerais, 88 páx. ISBN 978-84-9121-413-7. Escrita necesidade (2021). Alvarellos. 102 páxs. Con Benxamín Otero. O tempo dos lagartos (2023). Con Raquel Senra. Vigo: Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-1176-055-3. A caligrafía das espigas (2025). Apiario. 68 páxs. ISBN 979-13-990642-1-6.
Narrativa Non cantan paxaros neste bosque (2021). Xerais, Fóra de Xogo. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-796-1. ePub: ISBN 978-84-9121-796-1.
Ensaio Abelcebú (2010). Positivas.
Obras colectivas XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais. Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior. Abro a xanela e respiro o aire fresco da fin do mundo, 2009. Manual para condutores con faros antinéboa, 2010, Xunta de Galicia. Pola banda de Laíño: memoria dos tempos idos (Dodro-Século XX), 2010, Colexio Eusebio Lorenzo Baleirón. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas, 2014, Apiario. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. E de súpeto o inverno, 2017, Agalir.
Premios VII Premio de poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu no 2002, ex aequo con Alexandre Nerium, por Héleris. I Premio de poesía Victoriano Taibo no 2008, por Cultivos transxénicos. Premio da AELG á mellor obra de literatura infanto-xuvenil do 2014, por Penúltimas tendencias. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2016, por Tundra. Premio Jules Verne de Literatura xuvenil en 2018, por Aplicación instantánea. 2026: Premio Follas Novas do Libro Galego, modalidade Libro mellor editado por A caligrafía das espigas. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Carlos Negro en www.culturagalega.org Perfil en As escollas electivas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Premio Jules Verne Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lalín
Categoría:Nados en 1970