Vitória da Conquista é un municipio brasileiro do estado de Baía, sendo o terceiro do estado en poboación total. Localízase a unha altitude de 923 msnm. O seu clima é semiárido, e existen problemas de fornezo de auga nalgunhas zonas.

Economía

Ata a década de 1940, a base económica do municipio fundábase na gandería extensiva. A partir de aí, a estrutura económica e social entraría nunha nova etapa, co comercio ocupando un lugar destacado na economía local.

En función da súa privilexiada localización xeográfica, coa apertura da estrada Río-Baía (actual BR 116) e da estrada Ilhéus-Lapa, o municipio púidose integrar ás outras rexións do Estado e ao resto do País.

Vitoria da Conquista