Ramón Borrajo Domarco, nado en Baños de Molgas o 24 de decembro de 1949, é un humorista, dramaturgo e pintor galego, máis coñecido como Moncho Borrajo.
Traxectoria Ao entrar na adolescencia marcha cos seus pais, Ramón e Donigna, a Vigo, a estudar o bacharelato. Aos 14 anos comezou a escribir poemas, e con 16 marchou a Valencia para estudar Arquitectura. Alí destaca como debuxante, e abandona a carreira e pásase a estudar Arquitectura técnica e despois Belas Artes na escola San Carlos de Valencia. En 1970 gañou un premio de debuxo na universidade e participou nalgúns certames de debuxo como o que levaba o nome de Joan Miró. A partir dese momento realizou distintas exposicións de debuxo e pintura, ao longo de toda a súa traxectoria.
A principios dos anos setenta realiza diversas actuacións como cantautor dentro do xénero da protesta política, interpretando temas en galego, castelán e valenciano. En 1972 recibiu o 2º premio nun concurso de canción universitaria.
En 1976 recibiu a medalla ao Mérito artístico concedida polo Ministerio de Información e Turismo. En Valencia fundou a biblioteca do Centro Galego e mais un grupo de baile tradicional na mesma entidade.
En 1985 deixou a música e subiu por primeira vez ós escenarios como humorista e dramaturgo, e acadou axiña fama como monologador, co que realizou diversas xiras por teatros de España. En 1991 volveu pintar e foi seleccionado para algunhas exposicións colectivas como a mostra BMW ou a Mostra Unión Fenosa. A partir do ano 2001, con Markitis, inicia unha serie de textos teatrais para diversos personaxes que nalgúns casos dirixe el mesmo (Markitis e Terapia a las seis, de 2004) e noutros unicamente escribe, como con Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006. Dentro dese proceso merca o teatro Amaya de Madrid, onde estrea as súas producións.
Ademais, ten traballado como actor de dobraxe nas versións españolas de Mira quen fala e Mira quen fala tamén e ten escrito artigos para o xornal Las Provincias. Tamén na prensa galego publicou artigos na serie «Anacos».
Actuou en Vigo diante de 65.000 espectadores, en Bilbao encheu durante máis d un mes un teatro de 2400 localidades.
En 2006 decide xubilarse dos escenarios coa obra Despedida y cierre, e con ela está de xira ata 2009. Nese ano, o 14 de febreiro deu a súa última actuación no Coliseum da CoruñaBorrajo se jubila en A Coruña tras despedirse durante 2 años, La Opinión de A Coruña, 16/10/08. Mais volveu aos escenarios
Obra Espectáculos miniatura|235px|Moncho Borrajo, pregoeiro na Festa da Ameixa, O Carril. Aguijón 79 (1978) Moncho gusto (1983) Borrajo perdido (1987) Caca y cola Apuntes para un cabaret Ni a tontas ni a locas (1993) Aquí no hay crisis (1993) En concierto sentido del humor (1995) Dihablemos (1997) El bufón del rey (1998) Loco (2000), co que superou os 50.000 espectadoresMoncho Borrajo consigue la Entrada de Plata por su espectáculo Loco, Terra.es, 25/1/09. Markitis (2001) 30 años sin parar (2003) Terapia a las seis 2004) Cosas mías (2004) Este y yo (2005) España Cabaret (2005) Cariño, ¿mañana qué hacemos?, de 2006. Despedida y cierre (2006) La merienda (2008) 50+1 (2024) ¡Se acabó! (2025)
Actor
Hostal Royal Manzanares (1996) Muertos de risa (1999) Todos con la copla (2003)
Actor de dobraxe
Mickey (Bruce Willis) en Mira quién habla (1989) Mickey (Bruce Willis) en Mira quien habla también (1990)
Literatura en castelán Moncho y yo Moncho y yo (1980). Fernando Torres Ed. ISBN 978-8473661300. 71 láminas con debuxos. Prólogo de José Luís Coll. Moncho y tú. El humor entre líneas. A tí... por eso que tu sabes (1986). Planeta. 100 páxs. ISBN 978-8432046636. Viñetas e textos humorísticos. ¡Pobres míos! (1987). Planeta. 100 páxs. ISBN 978-8432046834. Debuxos. Yo amo la ciudad (1995). Espasa Calpe. 100 páxs. ISBN 978-8423986194. Narrativa breve. Con amor y humor de Moncho Borrajo (1996). Edaf. 160 páxs. ISBN 978-8441401310. Aforismos. Pavana para una difunta (1998). Ed. Egales. 171 páxs. ISBN 84-923083-0-3. Novela. 365 ocurrencias con humor para la tolerancia (2001). Edaf. 176 páxs. ISBN 9788441409057. Aforismos con humor. ¡Corre, Gallego, Corre! Monchito Borrajo, Martín codax 6 bajo (2013). Nausicaa. 368 páxs. ISBN 978-8494087622. 1.ª parte das súas memorias. Nuevos cantos canarios (2019). Le Canarien ediciones. 149 páxs. ISBN 978-84-17522-38-4. Con prólogo de Elfidio Alonso fai un percorrido polos costumes e folclore canario.
El crucero de la felicidad (2018). Jákara Editores. 232 páxs. ISBN 9788494943430. Novela. A María Mérida. Gotas de rocío (2022). Le Canarien ediciones. Poesía. ISBN 978-84-18603-47-1.
Literatura en galego Animaliños (1988). Vigo: Ir Indo. 133 páxs. ISBN 978-8476800102. Humor gráfico. Toño (1991). Vigo: Ir Indo. 132 páxs. ISBN 9788476800669. Narrativa. Meu querido padre Ramón (1997). Vigo: Ir Indo. 239 páxs. ISBN 978-8476802465. Narrativa. Fixen Camiños (2000). Culleredo: Espiral Maior. 60 páxs. ISBN 978-8489814974. Poesía. Gatos (2008). Vigo: Ir Indo. 147 páxs. ISBN 978-8476806319. Humor gráfico, continuación de Animaliños. Prólogo de Manuel Rivas. A lúa din que non chora (2026).
Premios e legado Hai unha estatua que o reproduce na praza do Humor da Coruña. É fillo predilecto de Baños de Molgas, e na antiga estación desta localidade hai unha biblioteca que naceu duns 5000 libros seus.
2026: Premio Fernando Arenas Quintela de literatura e ensaio por A lúa din que non chora. Segundo o xurado: «O libro galardoado destaca pola súa estrutura orixinal que combina a poesía cunha breve introdución narrativa e ilustracións do propio autor, confirmando así o diálogo constante que Borrajo mantén entre a literatura e as artes visuais».
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Actores de Baños de Molgas Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Baños de Molgas Categoría:Nados en 1949 Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Dramaturgos do século XX Categoría:Dramaturgos do século XXI