miniatura|Tríscele espiral. O número tres, ao igual que noutras culturas, aparece constantemente na celta. miniatura|250px|Tríscele de tres pernas presente na bandeira da Illa de Man. Un tríscele (do grego τρισκέλιον [triskélion]; τρισκελής [triskelís], "con tres pernas") é un símbolo celta formado por tres espirais entrelazadas, por tres pernas humanas flexionadas ou por calquera deseño similar que conteña a idea de simetría rotacional.

Simboloxía Representa as tríades da vida en eterno movemento e equilibrio. Exemplos:

Nacemento, vida e morte. Corpo, mente e espírito. Ceo, mar e terra. Pasado, presente e futurohttp://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/04/23/amoeiro-tierra-castrexa/1009825.html?utm_medium=rss

O tríscele é o símbolo identificativo de cinco nacións europeas: Bretaña, a Illa de Man, Galiza, Asturias e Sicilia. Os trísceles de Man e de Sicilia están formados por tres pernas dobradas e entrelazadas na rexión da virilla. Mais, mentres o tríscele de Man son tres pernas envolvidas por unha armadura, o tríscele siciliano contén no seu centro a imaxe da cabeza dunha Medusa. O tríscele de Galiza e Asturias son tres medias lúas xirando sobre o mesmo punto.

Orixes miniatura|Tríscele no terminal dun torques (Museo do castro de Santa Trega). Este importante símbolo é unha especie de estrela de tres puntas, xeralmente curvadas, que lle confire ao símbolo unha fluidez de movemento. Pode tamén definirse como un conxunto de tres espirais concéntricas. É un dos elementos máis presentes na arte celta, e ten a súa orixe atribuída aos pobos mesolíticos e neolíticos. O tríscele é un antigo símbolo indoeuropeo. Tamén era utilizado por pobos xermánicos e gregos.

Os celtas consideraban o tres como un número sagrado. A primitiva división do ano en tres estacións (primavera, verán e inverno) pode ter tido o seu efecto na triplicación dunha deusa da fertilidade coa cal o curso das estacións se asociaba.

Ou sexa, o tríscele, coas súas tres puntas, está asociado ao fluxo das estacións e por consecuencia representa a propia Deusa. Ademais, temos unha conexión obvia coas tres fases da Deusa (Doncela, Nai e Anciá), ben como ás tres fases da Lúa (crecente, chea e minguante), ou incluso coa nosa natureza tripla (corpo, mente e alma). A súa presenza en achados arqueolóxicos en terras celtas, da Irlanda á Europa Oriental, atesta a súa ampla adopción polos antigos.

A iconografía continental atribúe grande énfase ao simbolismo da tríade, o concepto da triplicidade, e o contido mítico-literal ausente no continente é amplamente fornecido pola infinidade de variacións dese tema na literatura irlandesa e galesa.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lauburu Lábaro cántabro

Ligazóns externas Triskelion at symbols.com

Categoría:Símbolos Categoría:Sicilia Categoría:Illa de Man Categoría:Cultura da Bretaña Categoría:Grecia antiga Categoría:Celtas Categoría:Símbolos da Illa de Man Categoría:Europa atlántica