miniatura|dereita|Éibar, vista parcial.
Éibar ou Eibar (), é un municipio de Guipúscoa, pertencente á comarca de Debabarrena no País Vasco. Ten unha extensión de 22 km² e, segundo o INE, o 1 de xaneiro de 2006 tiña 27.530 habitantes, cunha densidade de poboación de 1.121 hab/km².
O seu escudo de armas é unha cruz de Santo André en goles sobre un campo de ouro. Na bordura a lenda Eibar'ko hiri guziz eredugarria. Rodeándoo, unha rama de carballo e outra de loureiro.
A bandeira é o escudo sobre fondo branco.
Toponimia En 1346 Afonso XI de Castela fundou a vila co nome de Villanueva de San Andrés ao que enseguida se engadiu de Heybar. Xa en documentos de 1493 e 1494 figuran os nomes de Ehibar e Heybar. Como Gregorio de Mújica indica nas súas obras, o topónimo coñeceu diferentes formas e ningunha excluíu as demais. Así pois á Cidade Armeira coñecéuselle como Villanueva de San Andrés de Heybar, Heibar, Eybar e Heivar. Hoxe en día utilízanse a forma Eibar (oficial).
Sobre o significado do nome Eibar, parece claramente composto da palabra vasca ibar que significa val; non estando abofé o primeiro termo que acompaña a ibar. Unha versión moi estendida e bastante plausible é a que considera o nome do pobo unha contracción de Ego ibar, significando Val do Ego. Pero non está documentado nin que a forma Egoibar ou o termo Eguibar, que sería a forma intermedia entre Egoibar e Eibar, faga nunca referencia a esta localidade, malia tratarse Eguibar dun apelido vasco bastante estendido. Ao non estar demostrada esta hipótese pódese pensar que quizais outro termo estea na orixe do nome desta cidade; algúns falan de hegi, palabra que significa costa nos actuais dialectos vascofranceses e que no pasado puido ter o mesmo significado no éuscaro local.
Xeografía Situada na cunca do río Deba e á beira do río Ego, limita coa provincia de Biscaia. Foi fundada co nome de Villanueva de San Andrés, pero sempre foi coñecida co nome actual de Eibar. O foro de constitución da vila outorgouse no ano 1346, pero o asentamento xa era anterior. Éibar sempre foi unha cidade destacada na historia, na economía e na cultura da comarca e a provincia. Está rodeada polos montes Arrate, Akondia e Urko ao norte; e Galdaramiño e Illordo ao sur.
Limita ao norte con Markina-Xemein (Biscaia), ao sur con Elgeta e Bergara, ao leste con Elgoibar e Soraluze e ao oeste con Mallabia, Ermua e Zaldibar que pertencen a Biscaia.
Composición Éibar ten, ademais do núcleo urbano, cinco barrios rurais: Otaola, Aginaga, Arrate, Mandiola e Gorosta; barrios nos que se achan casaríos, basílicas e ermidas de grande interese nunha bonita contorna natural.
Transportes Como toda a comarca do Debabarrena, Éibar esta excelentemente comunicada. A estrada nacional N-634 atravesa a cidade uníndoa con Donostia e Bilbao. En paralelo á nacional esta a autoestrada AP-8 con dúas saídas en cadanseu extremo do núcleo urbano (unha delas xa en Biscaia) e no barrio de Malzaga a AP-8 únese coa AP-1 que enlaza con Vitoria. Unha rede de estradas provinciais e locais unen Éibar cos diferentes aldeas e comarcas que a rodean.
A liña de ferrocarril de vía estreita pertencente á rede de Euskotren une a comarca coas capitais provinciais (no tramo urbano Ermua - Éibar fai as veces de ferrocarril metropolitano), e de alí pódese enlazar con Renfe co resto de España e Europa. As empresas de autobuses que operan na zona son transportes PESA e Turitrans-Alsa.
Éibar carece de aeroportos, pero os de Bilbao, Donostia e Vitoria áchanse a aproximadamente unha hora. Tampouco ten porto, pero o próximo porto de Bilbao ten conexións con Portsmouth en Inglaterra.
Demografía
A comezos do século XX Éibar tiña 6.583 habitantes. Nos primeiros anos dese século tivo un incremento relevante chegando á República con 15.000 habitantes. A incidencia da guerra civil fixo que minguase o número de persoas empadroadas na aldea pero o posterior desenvolvemento industrial deu un impulso moi importante á poboación. Durante as décadas de 1960 e 1970 chegouse a alcanzar a cifra de 40.000 habitantes. A grave crise industrial que se iniciou en 1973 fixo que moitas fábricas pechasen as súas portas e outras se trasladaran a outros municipios buscando mellores solos para a construción das instalacións. Isto deu orixe a un declive de poboación, que apoiado en políticas de redución da densidade de poboación da continuidade urbana Éibar Ermua deu lugar a unha perdida progresiva de habitantes establecéndose a inicios do século XXI por baixo dos 30.000.
Éibar social A industria e o traballo sempre foron conceptos que encheron de orgullo aos habitantes de Éibar, e esa industria foi, historicamente, a da fabricación de armas. É por iso polo que se lle coñece como a "Cidade Armeira".
O primeiro documento escrito que fai referencia á industria armeira eibarresa é unha petición de tres lombardas fechada en 1481. O museo da industria armeira, que se estenderá ao resto das producións eibarresas, mostra a historia industrial de Éibar e da súa comarca. Desde a produción gremial ás instalacións das Reais Fábricas de Armas na veciña localidade de Placencia das Armas ata a revolución industrial de principios do século XX co seu auxe e declive que conformaron o sentir e a idiosincrasia das xentes da hoxe cidade.
O traballo industrial, primeiro nas ferrarías e posteriormente nos talleres gremiais foi, desde sempre, a base económica de Éibar. O traballo, co seu compoñente social, conformou un carácter singular nos seus habitantes. Unha copla canta: En éuskaro recuncho escondido Hai un pobo, esquecido talvez, onde impera por lei o traballo que é orgullo sen ser altivez
A convivencia dos talleres coas vivendas, ata instalados nelas, permitiu a socialización das diferentes tarefas que compoñían un produto e a relación igualitaria entre quen as realizaban. Esta forma de ver o traballo, ligada á artesanía e polo tanto ao coidado posto na fabricación realizada, foi a que determinou, xa antes da aparición dos movementos obreiros e o pensamento marxista un espírito liberal, libertario, que quedou patente nas guerras Carlistas nas que Éibar sempre estivo no bando liberal e máis tarde no arraigo das ideas socialista que chegaron a tal extremo que permitiron, logo dunha dura folga, a creación da primeira cooperativa industrial do país, a cooperativa Alfa.
A industria armeira, desde as lombardas fabricadas nas ferrerías pasando polas armas de avancarga e chave de faísca ata a que utilizan a cartuchería de retropropulsión pasaron por épocas de esplendor e de declive. Armeiros eibarreses foron trasladados ás fábricas de armas de Oviedo e Trubia, levando alí o facer eibarrés, cando quedo patente os aspectos negativos de manter a produción armeira preto das fronteiras, á vez que se lanzaron, cos escasos recursos que dispoñían, á produción da últimas tecnoloxías estranxeiras mediante o método de copia e mellora que lograron servir de base para unha produción moderna e competitiva. As crises do sector armeiro serviron para impulsar as aventuras noutros ramos da industria, delas, e do espírito emprendedor, naceu a diversificación industrial que logrou que dos talleres eibarreses saísen desde un tiracroios ata un subfusil, ou desde unha máquina de coser a unha motocicleta.
É moi famosa porque tivo a fábrica de motos Lambretta e as de bicicletas Orbea, BH e G.A.C.. Tamén foi importante a fabricación de máquinas de coser (Alfa, empresa pioneira no movemento cooperativista. Aínda que xa pecharon as fábricas de armas curtas (non esquezamos a STAR, Bonifacio Echeverría S.A. onde se fabricaban armas que se exportaban a todo o mundo), que é o que lle dá o seu alcuño, mantéñense numerosos pequenos talleres de escopetas. Existe un Probadero de Armas único en España e un dos 3 que existen en Europa.
Destaca polas súas producións de máquina-ferramenta, efecto da revolución industrial dos séculos XIX e XX, sobre todo, a partir da Guerra Civil española (1936-1939). Foi pioneira no País Vasco na instalación de escaleiras mecánicas á intemperie, na rúa, para facilitar os accesos aos barrios altos.
A infraestrutura educativa, ampla a todos os niveis, destaca pola unha escola de enxeñería pertencente á Universidade do País Vasco e a escola de formación profesional, pioneira en España, coñecida como "Escola de Armería".
O urbanismo eibarrés, moi atípico, onde se mesturaban as industrias e as vivendas, dicíase Eibar é un taller, está dando paso a un cambio arquitectónico nos últimos anos; pasando dun centro urbano repleto de pequenos "talleres" (empresas) nos soportais a un novo Éibar cun centro aberto a todas as esquinas do pobo. Accesible coa vista e cun curto paseo. A cidade humanízase e pon no seu epicentro ao eibarrés: para goce do seu centro urbano, que se converte en peonil os fins de semana. A cidade mostra unha colección de estatuas conmemorativas de actividades e costumes típicos; a saber: a recepción dos dulzaineros na estación do tren, uns nenos indo bendicir as tortas de San Brais fronte á igrexa parroquial de Santo André e un traballador recollendo auga na clásica fonte de Urquizu. miniatura|300px|Praza de Untzaga e concello.
Socialmente Éibar sempre foi un pobo progresista, xa na primeira Guerra Carlista moi poucos veciños de Éibar sumáronse ao bando carlista participando a inmensa maioría, de parte liberal, tanto é así que en 1834 constituíuse, con permiso especial do xeneral Espartero, un batallón de combate integrado por mulleres, que xa demostraran a súa eficacia na loita na defensa da vila do 26 de xullo de 1834 como o mesmo Espartero di na súa misiva que remite ao Concello de Éibar:
Así o recolle textualmente o libro da Monografía histórica de Eibar escrita por Gregorio Mújica a principios do século XX. O sentir progresista dos eibarreses propiciou que as ideas socialistas arraigaran nas súas xentes, xa desde principios do século XX, a presenza do PSOE foi moi importante polo que se pode considerar a Éibar como a capital histórica do socialismo vasco.
Hidrografía e orografía Hidrografía O río Ego é o principal río do municipio, aínda que é certo que polos seus terreos pasa o río Deva pero é tan escasa a súa presenza que carece de importancia para o municipio. O Ego desemboca no Deva en Maltzaga, xa no límite municipal. Os afluentes o Ego, que baixan dos montes que rodean a cidade, son pequenos regatos que forman estreitos vales ascendentes polas ladeiras. Os afluentes o Ego máis importantes son o Txonta, o Matxaria, o Unbe, o Abontxa etc.
Todos os ríos están moi afectados polo desenvolvemento da cidade que modificou as súas canles e as súas augas. Unicamente nas súas concas altas pódese atopar algún resto da súa primitiva riqueza biolóxica. As canles foron cubertas polas edificacións, tanto industriais como urbanas e as súas augas víronse moi afectadas pola contaminación fecal e industrial. Estase procedendo á implantación de colectores de recolleita de augas negras e industriais para o seu posterior tratamento así como a descubrir as canles na medida do posible.
Orografía Éibar está rodeada de montes de escasa altura que a encerran nun val profundo. Destacan cumes como Urko(791 m) e Kalamua (768 m), polo norte, e Galdaramiño e Egoarbitza (730 m) polo sur. Ao leste, sobre a desembocadura do Ego no Deva levántase o Karakate (749 m) enfrontado a Arrate.
Os montes están cubertos de bosque, na súa maioría dedicados á explotación forestal de piñeiro insignis pero aínda quedan algunhas manchas da vexetación autóctona de carballos, faias, bidueiro, combinados con campas dedicadas ao pasto.
A natureza dos terreos é de calcaria e margas arenitos cun clima moi chuvioso e de temperaturas agradables.
Economía dereita|miniatura|250px|Estatua dun botijero, pinche ou peón que tiña, entre as súas funcións, que levar auga aos talleres.